Dolors Bassa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dolors Bassa i Coll»)
Infotaula de personaHonorábel Editar o valor em Wikidata
Dolors Bassa

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Dolors Bassa i Coll Editar o valor em Wikidata
2 de febreiro de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Torroella de Montgrí, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 22 de marzo de 2018 (renuncia)Magda Casamitjana i Aguilà →

Circunscrición electoral: Girona (en) Traducir

Minister of Labour, Social Affairs and Families of Catalonia (en) Traducir
14 de xaneiro de 2016 – 27 de outubro de 2017 (aplicação do artígo 155 da Constituição espanhola de 1978 na Catalunha (pt) Traducir)
← Felip Puig (pt) Traducir, Neus MuntéChakir El Homrani →
Gabinete ministerial: Goberno de Cataluña 2016-2017
Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Girona (en) Traducir

City councillor of Torroella de Montgrí (en) Traducir
16 de xuño de 2007 – 13 de xuño de 2015
First Deputy Mayor (en) Traducir Torroella de Montgrí
2007 – 2011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTorroella de Montgrí Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Aberta de Cataluña (–2007)
Universidade de Xirona (–1979) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , pedagoga , sindicalista , activista polos dereitos das mulleres Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCentre educatiu privat Sant Gabriel (en) Traducir (1986–2015)
Col·legi Vedruna de Palafrugell (en) Traducir (1979–1986) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya (2016–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
FillosJosep Surroca Bassa Editar o valor em Wikidata
IrmánsMontse Bassa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porSedición (2019)
→ (12 pena de prisión)
→ Final: 23 de xuño de 2021, Indulto
embezzlement of public funds (en) Traducir (2019)
→ (10 interdiction from public works (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
22 de xuño de 2021Indultosentenza do xuízo ao proceso independentista catalán Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: dolors.bassa Twitter: dolorsbassac Editar o valor em Wikidata

Dolors Bassa i Coll, nada en Torroella de Montgrí (Provincia de Xirona) o 2 de febreiro de 1959, é unha mestra, psicopedagoga, sindicalista e política catalá vinculada a movementos independentistas. Dende o 14 de xaneiro de 2016 até o 28 de outubro de 2017 foi a Conselleira de Traballo, Asuntos Sociais e Familia do Goberno de Cataluña. Foi Secretaria Xeral nas comarcas xerundenses de UXT (2008-2015) e concelleira no Concello de Torroella de Montgrí por Esquerra Republicana de Catalunya. En 2015 foi elixida deputada no Parlamento de Cataluña na XI Lexislatura na lista de Junts pel Sí de Xirona. Volveu ser elixida deputada na XII Lexislatura tras presentarse ás Eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2017 onde ía como número 1 da circunscrición de Xirona pola coalición electoral Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí.[1]

En outubro de 2019, no xuízo ó proceso independentista foi condenadas polo Tribunal Supremo de España a 12 anos de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomada en maxisterio (1979) e licenciada en psicopedagoxía (2007), empezou a traballar como profesora en 1980 en Palafrugell até 1984 onde traballou no centro educativo Sant Gabriel de Torroella de Montgrí até 2003 onde foi profesora e titora de ciclo medio e superior. De 2001 a 2013 foi membro do Consello Social da Universidade de Xirona.[3]

Tamén formou parte de asociacións en defensa da igualdade como Xibeques del Cau, de Torroella de Montgrí e o Col.lectiu per la Igualtat.[4]

Traxectoria sindical[editar | editar a fonte]

Está vinculada ó sindicato UXT dende o ano 2000, onde asumiu diferentes responsabilidades. Dende 2005 foi responsable das secretarías de Igualdade e Política Social e máis tarde fíxose cargo da secretaría de Emprego. En 2008 substituíu a Camil Ros na Secretaría Xeral das comarcas xerundenses de UXT. Renunciou ó cargo en 2015 cando foi elixida por ERC para a lista de Xirona de Junts pel Sí.[3]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Entrou en política local no Concello de Torroella de Montgrí da man de Esquerra Republicana de Catalunya entre 2007 e 2011 foi concelleira de dinamización económica e tenente de alcalde (2007-2011), de 2011 a 2015 foi concelleira na oposición.

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña do 27 de setembro de 2015 ocupou o sexto posto da lista de Junts pel Sí pola circunscrición de Xirona e foi elixida deputada.[5][6]

Causa xudicial[editar | editar a fonte]

Desde o 7 de setembro de 2017 atópase investigada pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por presuntos delitos de prevaricación, desobediencia ó Tribunal Constitucional e malversación de caudais públicos, tras asinar o Decreto autonómico para convocar un referendo de autodeterminación, xunto cos demais membros do Goberno autonómico. O 8 de setembro, a Fiscalía esixía fianza para garantir os gastos que poida causar ó erario público, que cifra en 6,2 millóns de euros.[7][8][9]

O 2 de novembro de 2017 a xuíz Carmen Lamela ordenou o seu encarceramento provisional e ingreso na prisión de Alcalá Meco sen fianza pola imputación de tres delitos, sedición, rebelión e malversación, que efectúa o Ministerio Fiscal. O 4 de decembro saíu temporalmente en liberdade baixo fianza despois de que a súa causa pasase ó Tribunal Supremo.[10]

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 encabezou a candidatura por Esquerra Republicana de Catalunya - Cataluña Sí na circunscrición de Xirona, onde foi elixida deputada. O día 22 de marzo de 2018, unha vez rematada a votación errada para a investidura de Jordi Turull como presidente da Generalitat de Cataluña, renunciou, xunto con Carme Forcadell e Marta Rovira, á acta de deputada.[11]

Un día despois, o 23 de marzo de 2018, o maxistrado do Tribunal Supremo de España Pablo Llarena ordenou o seu ingreso de novo en prisión, así como o de Jordi Turull, Carme Forcadell, Raül Romeva e Josep Rull. Llarena argumentou prisión provisional incondicional sen fianza para os cinco tras considerar que había risco de fuga e de reiteración dos delitos polos que foron procesados. Tamén emitiu ordes de detención europea e internacional para case todos os fuxidos.

Á súa vez, Marta Rovira non se presentou e fuxiu a Suíza para evadirse da Xustiza española. Bassa foi ingresada en Alcalá-Meco.[12][13]

O 4 de xullo de 2018 foi trasladada ao Centro Penal Puig de lles Basses, en Figueres. Dende entón, o centro converteuse nun punto de concentración e denuncia por parte das entidades independentistas da zona. Promovéronse ceas colectivas e varias concentracións de apoio nas portas do centro. O 1 de febreiro de 2019 foi trasladada de novo a Alcalá-Meco nun autocar da Garda Civil, para facer fronte ó xuízo que comezou o 12 de febreiro,[14] e que acabou o 14 de outubro de 2019 cunha sentenza de 12 anos de prisión e inhabilitación por sedición e malversación.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los 135 diputados del Parlament de Catalunya tras el 21-D". Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Camps, Josep Maria (14 de outubro de 2019). 324.cat, ed. "Penes d'entre 13 i 9 anys de presó per al govern de l'1-O, la presidenta del Parlament i els presidents d'Òmnium i ANC". Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Diari de Girona (11 de xaneiro de 2016). "Dolors Bassa i Santi Vila, gironins en el nou govern presidit per Puigdemont". Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  4. "Nació Digital: PERFIL Dolors Bassa, una mestra sindicalista a la conselleria de Benestar". Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  5. Balsa ha formado tándem con Josep Maria Rufino en las dos últimas elecciones municipales. Ha sido teniente de alcalde de promoción económica, turismo y acción social. Domingo, 01/25/2015. «» Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
  6. «Dolors Bassa dimitirà de secretària general d’UGT a la demarcació de Girona per anar a la llista de Junts pel Sí» (en català), 04/08/2015.
  7. El Constitucional suspende el referéndum en Cataluña. infoLibre. 07/09/2017. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
  8. La Fiscalía se querella contra Puigdemont y el Govern y ordenará a Mossos, Policía, Guardia Civil intervenir las urnas. El Mundo. 7 SEP. 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
  9. La Fiscalía pide que Puigdemont y sus 'consellers' paguen fianza. El Confidencial. 08/09/2017. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
  10. La juez encarcela al núcleo duro secesionista que no huyó a Bélgica Santi Vila podrá salir de prisión si deposita una fianza de 50.000 euros. Fernando J, Pérez, Madrid, 3 Nov. 2017. Consultado o 21 de febreiro de 2018.
  11. Las diputadas de ERC Marta Rovira, Carme Forcadell y Dolors Bassa renuncian a su escaño horas antes de su citación ante el Supremo. EDeconomíaDigital. 22 de marzo de 2018. . Consultado o 22 de febreiro de 2019.
  12. "Marta Rovira no se presenta ante el Supremo y huye a Suiza". 22 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  13. "El juez Llarena manda a prisión a Turull, Forcadell, Bassa, Rull y Romeva por riesgo de fuga". 23 de marzo de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2019. 
  14. Congostrina, Alfonso L. (2 de febreiro de 2019). "La Guardia Civil traslada a los presos del ‘procés’ a cárceles de Madrid". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2 de febreiro de 2019.