Saltar ao contido

Dmitrii Kabalevskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDmitrii Kabalevskii

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1904 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética
1966 – 1987 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónConservatorio de Moscova
Academic Music College of the Moscow Conservatory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de música clásica, profesor universitario, pianista, compositor de bandas sonoras, figura pública, profesor de música, coreógrafo, musicólogo, director de orquestra, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatorio de Moscova Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera, sinfonía, música clásica, Música de cámara, música incidental e Neue Musik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNikolai Iakovlevitch Miaskovski (pt) Traducir, Georgi Catoire (pt) Traducir e Alexander Goldenweiser (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlexandre Rabinovitch-Barakovsky (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кабалевский Дмитрий Борисович)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkabalevsky.ru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0434015 BNE: XX974366 Spotify: 46wMXZ6bEoXUlToxUglEtY iTunes: 239037 Musicbrainz: 96c39679-7de4-48d1-a9ea-d8840296bb73 Discogs: 3887234 IMSLP: Category:Kabalevsky,_Dmitry Allmusic: mn0000017873 WikiTree: Kabalevsky-1 Find a Grave: 22546921 Editar o valor en Wikidata

Dmitrii Borisovich Kabalevskii (en ruso: Дмитрий Борисович Кабалевский), nado en San Petersburgo o 30 de decembro de 1904 e finado en Moscova o 14 de febreiro de 1987, foi un compositor ruso.

Contribuíu a establecer a Unión de Compositores Soviéticos en Moscova e foi secretario da Unión de Compositores da RSFS de Rusia desde 1952 ata a súa xubilación. Foi un compositor prolífico de música de cámara e para piano, moitas destas últimas interpretounas Vladimir Horowitz e tamén escribiu seis óperas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai era matemático e este animouno a estudar matemáticas, así e todo xa desde a infancia quedou fascinado polas artes, en especial pola música, aprendendo a tocar o piano. En 1916 a súa familia mudouse a Moscova, onde pasou tres anos tocando nas salas onde se proxectaban filmes mudos, comezando a compoñer aos dezaoito anos [1]. En 1925 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Nikolai Myaskovsky e piano con Alexander Goldenweiser, converténdose el mesmo en profesor do conservatorio en 1932, conseguindo unha boa reputación como ensinante [2].

Durante a segunda guerra mundial escribiu moitas cancións patrióticas, ingresando no Partido Comunista en 1940. Foi editor de Sovetskaya Muzyka nos seis volumes publicados durante a guerra, e mais tamén compuxo e interpretou moitas pezas para cine mudo e música para o teatro. Entre 1949 e 1952 foi o director do departamento de música do Instituto de Artes de Moscova.

A súa música para nenos é amplamente interpretada por músicos novos de todo o mundo [3], considerándose un dos máis grandes compositores modernos de música infantil. Tamén organizou un programa de educación musical en vinte e cinco escolas soviéticas, e el mesmo ensinou a nenos de sete anos durante un tempo, aprendéndolles a como escoitar con atencón e poñer as súas impresións en palabras. Estivo na Comisión de Educación Musical Estética en 1962 e foi presidente do Consello Científico de Educación Estética na Academia de Ciencias Pedagóxicas da URSS en 1969. Foi tamén membro do Comité Soviético de Defensa da Paz

  1. allmusic.com
  2. Enclyclopaedia Britannica
  3. "Dmitry Kabalevsky". www.boosey.com. Consultado o 2020-04-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Schwarz, Boris. 1983. Music and Musical Life in Soviet Russia, enlarged edition 1917-1981. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-253-33956-1
  • Maes, Francis. 2002. A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar. Traducido por Arnold J. Pomerans e Erica Pomerans. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-21815-9

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]