Djibril Diop Mambéty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDjibril Diop Mambéty
Biografía
Nacementoxaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Dakar, Senegal Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeSenegal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
MovementoLaboratoire Agit'Art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0228013 Allocine: 4301 Rottentomatoes: celebrity/djibril_diop_mambety Allmovie: p202518 Editar o valor em Wikidata

Djibril Diop Mambéty era un actor e director de cine senegalés nado o 23 de xaneiro de 1945 en Dakar (Senegal) e morto o 23 de xullo de 1998 en París.

Montou o seu primeiro café-teatro en Dakar, que foi tamén o primeiro da cidade. Logo de estudar teatro, comezou a súa carreira como actor, tanto en teatro como en cine en diversos filmes senegaleses e italianos. As súas primeiras producións serán de pequena duración, como Contras' city e Badou boy. Pero a súa primeira longametraxe será tamén a que moitos consideran a súa obra mestra, o filme Touki Bouki (A viaxe da hiena), de 1972, onde explora distintos camiños narrativos e un simbolismo descoñecido ata daquela.

O seu segundo filme volverá a empregar a referencia ás hienas, pero sen que teña que ver en absoluto co anterior. Vinte anos despois, e logo de que dirixise a curta Parlons grand-mère (Falemos avoa) sobre unha rodaxe de cinema africano, en 1992 presenta pois Hyènes, que trata da vinganza dunha vella humillada e que se basea na peza teatral de Friedrich Dürrenmatt A visita da vella dama.

En 1995 decide comezar unha triloxía de mediometraxes que chama Histoires de petites gens (historias da xentiña), pero só chega a filmar as dúas primeiras: Le Franc (1995) e La Petite vendeuse de soleil (1998, o ano do seu falecemento). Unha céntrase nun músico que lle acaba de tocar a lotería e a outra nunha mociña que quere vender xornais na rúa, e as dúas inciden no mesmo tipo de personaxes, ao tempo cómicos e dramáticos.

A morte chegoulle como consecuencia dun cancro de pulmón.

Filmografía[editar | editar a fonte]