Touki Bouki
Touki Bouki | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Touki Bouki |
Director | Djibril Diop Mambéty |
Guión | Djibril Diop Mambéty |
Intérpretes | Magaye Niang Mareme Niang Aminata Fall Ousseynou Diop |
Música | Josephine Baker Mado Robin Aminata Fall |
Fotografía | Pap Samba Sow |
Montaxe | Siro Asteni Emma Mennenti |
Estudio | Cinegrit Studio Kankourama |
Distribuidora | International Film Circuit |
Estrea | 1973 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Senegal |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Touki Bouki, que podería traducirse ao galego como "A viaxe da hiena", é un filme senegalés, de 1973, dirixido por Djibril Diop Mambéty, e que está considerado como un clásico do cinema africano.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O pastor marxinal Mory e mais a súa amante Anta, unha universitaria rebelde que viste de xeito masculino, queren marchar do Senegal deixando atrás a súa vida tradicional. Para iso necesitan cartos que non teñen, e farán todo tipo de argallas para conseguilos. Subidos nunha moto ao Easy Rider, que ademais leva no guieiro unha cornamenta de vaca, acabarán por roubarlles roupa e diñeiro a uns señoritos da burguesía de Dakar. Con eses cartos e vestidos estrafalariamente tentarán subir a un transatlántico que os leve a París. Pero na escada de subir el arrepíntese e volve para recuperar a moto esquecida. Finalmente, só ela marchará a Europa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Aminata Fall como Tía Oumy
- Ousseynou Diop como Charlie
- Magaye Niang como Mory
- Mareme Niang como Anta
Relevancia
[editar | editar a fonte]O filme Touki Bouki representa un fito na historia do cinema africano. Ademais da consistencia da produción e do emprego da cor, pouco común no tempo e na latitude, a obra explora camiños moi distintos aos que daquela seguira o cinema africano. A súa forma de narrar simbolista, a súa mestura de comedia e drama, a presenza da homosexualidade , os movementos da cámara, con longuísimos travellings ou os espidos femininos son sorprendentes para o contexto. Pódese considerar un filme do subxénero de escapadas, pero tamén unha ollada conservadora e anticolonial. Non se estreou en Europa ata 1986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)