O'Parrulo FS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O'Parrulo
Nome O'Parrulo Ferrol Fútbol Sala
Fundación 1981
Estadio Pavillón Polideportivo A Malata
Ferrol, Galicia Galicia
Inauguración 1998
Capacidade 4.200
Presidente galego Julio Martínez
Adestrador galego Mario Cabo
Liga Primeira Nacional A Grupo 1
2010-11
Patrocinador Materiales del Atlántico
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O'Parrulo Fútbol Sala é un equipo de fútbol sala da cidade de Ferrol (Galiza). Funciona como unha escola de fútbol sala, presente nas distintas categorías infantís e xuvenís, e o seu primeiro equipo xoga en Primera Nacional A.

Dende a tempada 1998-99 ata a 2002-03, O'Parrulo disputou a División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.

Historia[editar | editar a fonte]

O club O Parrulo Ferrol Fútbol Sala fundouse no ano 1981, nacendo dun grupo de amigos do barrio de San Pablo. Nun principio, este equipo participaba en maratóns e torneos afeccionados en época estival, incribíndose na desaparecida Federación Española de Fútbol Sala e participando na delegación local de Ferrol, conseguindo nesta época tres ligas, tres copas e varios torneos estivais.

Na tempada 1988-89 conseguiu o seu primeiro trofeo ligueiro importante, a Liga de 1ª Nacional na acabada de crear Liga Unificada de Fútbol Sala, no seu grupo 7º, un ano antes da creación da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

Cando se creou a Liga Nacional de Fútbol Sala en 1989, O'Parrulo inscribiuse na Primera Nacional A, que daquela funcionaba como a segunda categoría, e descendeu a Nacional B ao finalizar sétimo do seu grupo. Na tempada 1992-93, tras varias tempadas en 1ª Nacional B, o club ferrolán conseguíu un importante terceiro posto na liga que lle permitiu ascender a 1ª Nacional A, categoría na que permaneceu as seguintes tres tempadas, ata que na tempada 1995-96 conseguiu o título de Liga de 1ª Nacional A e polo tanto o ascenso á División de Prata.

Pouco a pouco, o club ferrolán formou un cadro de xogadores para ascender á máxima categoría e asinou un acordo de patrocinio coa empresa local Indunor, polo que pasou a denominarse O'Parrulo Indunor. A súa adaptación á nova categoría foi rápida, xa que na primeira tempada (1996-97) finalizou na terceira posición, mellorándoa na segunda coa consecución do Campionato de Liga da División de Prata con 68 puntos e polo tanto o ascenso á División de Honra. A aventura do club departamental na máxima categoría do fútbol sala español durou cinco anos, salientando a tempada 1999-2000, na cal conseguiu a clasificación para a Copa de España e entrar nas eliminatorias dos playoffs polo título de Liga,[1] onde caeu nos cuartos de final fronte ao que sería o campión da Liga, o CLM Talavera. Na temporada 2002-03, e tras dúas tempadas rozando as posicións de descenso, O'Parrulo perdeu a categoría e descendeu á División de Prata tras finalizar na última posición con tan so 6 puntos.

Logo de tres tempadas na División de Prata nas que os ferroláns se clasificaron na parte media-baixa da táboa e conseguiron a ata agora única Copa Xunta tras derrotar ao Lobelle en Pontevedra no 2004, na tempada 2005-06, o club rematou no penúltimo lugar, producíndose o seu descenso a 1ª Nacional A.

Dende a tempada 2006-07, O'Parrulo Ferrol Fútbol Sala compite na 1ª Nacional A, na cal sempre destacou nas posicións altas da táboa. Na tempada 2009-10, conseguiu o título de Liga de 1ª Nacional A, mais os custos que suporía competir na División de Prata e a falta de apoios para poder afrontar a tempada obrigaron ao club a renunciar á fase de ascenso.[2]

Ao mesmo tempo que todo isto sucedía, O'Parrulo Ferrol FS decidiu apostar pola canteira, e a mediados da década de 1990 decidiu crear unha Escola de Fútbol Sala. Este traballo de canteira realizado pola escola permite ao club ter unha continuidade no seu proxecto a longo prazo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]