Fátima, Portugal
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fátima.
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Portugal | ||||
| Distritos | Distrito de Santarém | ||||
| Concello | Ourém | ||||
| Capital | Fátima | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 71,29 km² | ||||
| Altitude | 322 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 2495 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 249 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | freguesiadefatima.pt | ||||
Fátima é unha freguesía portuguesa do concello de Ourém, cunha área de 71,29 km² e 10 302 habitantes (2001). Densidade: 144,5 hab/km². A poboación pertence ó distrito de Santarém, na subrexión de Médio Tejo.
A localidade debe o seu nome á antiga ocupación dos musulmáns nese territorio, xa que «Fátima» foi o nome da filla preferida de Mahoma.[1]
É coñecida polas aparicións da Virxe María que tres pastorciños (Lucía de Jesús dos Santos, Francisco e Jacinta Marto) afirmaron ter entre o 13 de maio e o 13 de outubro de 1917, no lugar chamado Cova da Iria.[1]
A construción do Santuario de Fátima a partir de 1928 trouxo o desenvolvemento á localidade, conseguindo ser elevada á categoría de cidade o 12 de xuño de 1997.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Parrinder, Geoffrey (2008). Breve enciclopedia del cristianismo. Madrid: Ediciones Istmo. p. 138. ISBN 978-84-7090-406-6. Consultado o 29 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Santuario de Nosa Señora de Fátima – Sitio web oficial (en castelán)
- Capelinha das Aparicións – Emisión en directo (en castelán)
- Peregrinos de Fátima – Páxina oficial (en castelán)
