Almourol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Castelo de Almourol»)

Coordenadas: 39°27′43″N 8°23′06″O / 39.462, -8.385

A illa e Almourol, co seu castelo

Almourol é unha pequena illa no curso medio do río Texo, un pouco máis abaixo da súa confluencia co río Zézere, frote a cidade de Tancos.[1]

Ten 310 m de longo por 75 m de largo, e é coñecida polo castelo de Almourol, situada nela.

Pertence á freguesía da Praia do Ribatejo, concello de Vila Nova da Barquinha, distrito de Santarém.

Dista 4 km de Vila Nova da Barquinha.[1]

O xeneral e político romano do século II a.C. Décimo Xunio Bruto Galaico, que dirixiu as campañas de conquista da Gallaecia, no curso da campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do río Texo logo da morte de Viriato, estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada hoxe coa de Almourol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gordalina, Rosário (1997): Castelo do Almourol. Sistema de Informação para o Património Arquitectónico (SIPA). Lisboa (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]