Distrito de Riga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jēkabpils
Latvia-Riga.png
Topónimo oficial Rīgas rajons
País Letonia
Superficie 3.132 km²
Fundación
Població:  
 - Total 156.883 (2006)
 - Densidade 46,09 hab./km²
Presidente 
Páxina web www.rrp.lv

Riga (Letón: Rīgas rajons) é un distrito de Letonia localizado na rexión de Riga. A súa capital é a cidade de Riga.

O condado limita co golfo de Riga ao norte e, no sentido antihorario, con Tumkuns, Jelgava, Bauska, Ogre, Cēsis e Limbaži.

Riga é un dos maiores distritos de Letonia, posúe unha gran importancia estratéxica, sendo o distrito coas mellores infraestruturas e o motor económico do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Riga Suisse 1890-1900.jpg

Existen 132 lagos no distrito sendo os maiores: Babītes ezers, Lielais Baltezers, Mazais Baltezers, Dūņu ezers e Lilastes ezers. O distrito é percorrido por 3 dos maiores ríos de Letonia: o Daugava, o Lielupe e o Gauja.

Cidades[editar | editar a fonte]

As cidades de Riga e Jūrmala atópanse no interior do distrito, porén, posúen administracións independentes de seu. Alén destas cidades, as maiores son: