Saltar ao contido

Disneyland Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Disneyland
Vista do Castelo da Bela Dormente en Disneyland.

Disneyland Park, orixinalmente Disneyland (en galego:Disneylandia), é un dos parques temáticos localizados dentro do Disneyland Resort, nos Estados Unidos. Inaugurado o 17 de xullo de 1955, foi o primeiro parque idealizado por Walt Disney. O seu slogan é "O mundo de onte, de mañá e da fantasía" (The World of Yesterday, Tomorrow, and Fantasy)

O parque temático custou, orixinalmente, 17 millóns de dólares e foi construído nun laranxal de aproximadamente 650 mil metros cadrados no distrito de Anaheim, no condado de Orange, unha cidade a 40 quilómetros ao sueste dos Ánxeles, en California.[1] Logo de ser inaugurado, o parque trouxo un lucro extraordinario. Disneylandia recibe actualmente (2010) máis de 14 millóns de visitantes por ano, que gastan un total de arredor de tres billóns de dólares.

Varios anos despois da inauguración de Disneyland, a The Walt Disney Company construíu grandes parques temáticos na Florida, Francia, Xapón e Hong Kong. Desde a súa inauguración, o parque de Anaheim xa recibiu máis de 515 millóns de visitantes, incluíndo xefes de estado e membros da realeza europea.

Áreas temáticas

[editar | editar a fonte]

As áreas temáticas abertas orixinalmente en Disneyland foron Main Street,U.S.A., evocando unha cidade do medio oeste americano a principios do século XX e inspirada na cidade natal de Walt Disney, Marceline, Missouri; Fantasyland, baseado en parte en historias de funcións animadas de Disney; Adventureland, unha zona temática dunha selva frondosa; Frontierland, coa atracción Mark Twain Riverboat e Tomorrowland, unha visión optimista do futuro. Engadidos posteriores foron a Praza de Nova Orleáns, baseada no sur dos Estados Unidos; Bear Country, máis tarde rebautizado como Critter Country, que inclúe o Country Bear Jamboree e o paseo Splash Mountain e Mickey's Toontown, un mundo colorido inspirado en debuxos animados. Un Holidayland de curta duración existiu de 1957 a 1961.[2]

Main Street, U.S.A.

[editar | editar a fonte]
Despedida de Mickey e Minnie durante a hora de peche baixo a parada de Disneland Railroad
Atraccións
  • The Disney Gallery
  • Disneyland Railroad (un ferrocarril que cubre o Parque en aproximadamente 20 minutos derredor e inclúe catro estacións)
  • The Disneyland Story presenting Great Moments with Mr. Lincoln (un audio-animatrónico do presidente Abraham Lincoln recitando fragmentos dalgúns dos seus discursos) - Durante o 2024 permanece pechada en fase de remodelación coa planificación de abrir no 2025 cun novo show en paralelo ao de Lincoln representando a vida de Walt Disney.[3]
  • Main Street Cinema (Este cine mostra películas mudas antigas de animación)

Adventureland

[editar | editar a fonte]
Atraccións
  • Indiana Jones Adventure (unha Dark Ride con viaxe nun vagón tematizado como un Jeep que circula sobre raís fixos)
  • Jungle Cruise (unha viaxe en barco por canais dentro da área tematizada como unha selva, comentada polo timonel con moitos chistes e xogos de palabras)
  • Walt Disney’s Enchanted Tiki Room (un espectáculo musical con decenas de aves audio-animatrónicas)
  • Tarzan's Treehouse (unha casa na árbore de sete pisos tematizada na película de 1999, Tarzan) O 10 de novembro de 2023 a atracción re-tematizouse como a Adventureland Treehouse, inspirada en O Robinson Suizo escrita polo pastor Johann David Wyss (Der Schweizerische Robinson).

New Orleans Square

[editar | editar a fonte]

A "Praza de Nova Orleáns" ten como modelo a cidade de Nova Orleáns no estado de Louisiana no seu estilo arquitectónico durante o Século XIX.

Atraccións
  • Disneyland Railroad Station
  • The Haunted Mansion (Casa das pantasmas)
  • Pirates of the Caribbean (previa, e base temática, ás películas de Johnny Depp Piratas do Caribe)

Frontierland

[editar | editar a fonte]

O „salvaxe oeste“ americano de finais do século XIX

Atraccións
  • Big Thunder Mountain Railroad (unha montaña rusa inspirada no Großer Dörnberg da Rexión de Kassel onde os trens viaxan polo fondo dunha antiga mina)
  • Mark Twain Riverboat (un barco de vapor do Mississippi circunavega a illa de Tom Sawyer en preto de 20 minutos)
  • Pirate’s Lair on Tom Sawyer Island (o Pirate Hideout, un parque infantil de aventuras na illa Tom Sawyer, só accesíbel en balsa)
  • Sailing Ship Columbia (un velero que segue ao Mark Twain Riverboat)

Critter Country

[editar | editar a fonte]

A "Terra dos animais" alberga atraccións como Winnie the Pooh

Atraccións
  • Davy Crockett’s Explorer Canoes (Viaxe en canoa)
  • The Many Adventures of Winnie the Pooh (un paseo polas escenas da película de animación Winnie the Pooh)
  • Splash Mountain (unha montaña rusa acuática)

Fantasyland

[editar | editar a fonte]
Atraccións
  • Alice in Wonderland
  • Casey Jr. Circus Train
  • Dumbo the Flying Elephant
  • It’s a Small World ("Este mundo é pequeno" é unha viaxe en barco na que podes ver e escoitar a 300 monifates de diferentes nacións nun percorrido de case 10 minutos)
  • King Arthur Carrousel
  • Mad Tea Party (a "festa do té tolo" é un carrusel no que xiran grandes cuncas de té)
  • Matterhorn Bobsleds (unha montaña rusa a través dunha réplica do Matterhorn)
  • Mr. Toad’s Wild Ride
  • Peter Pan’s Flight (Peter Pan's Flight é unha góndola que simula a viaxes polos tellados de Londres ata Neverland)
  • Pinocchio’s Daring Journey
  • Sleeping Beauty Castle walk-through
  • Snow White’s Scary Adventures
  • Storybook Land Canal Boats

Mickey's Toontown

[editar | editar a fonte]
Atraccións
  • Disneyland Railroad Station
  • Chip ’n’ Dale Treehouse
  • Donald’s Boat
  • Gadget’s Go Coaster
  • Goofy’s Playhouse
  • Mickey’s House and Meet Mickey
  • Minnie’s House
  • Roger Rabbit’s Car Toon Spin

Tomorrowland

[editar | editar a fonte]
Entrada á atracción Autopia, xullo de 2024

Tomorrowland foi descrita por Walt Disney no seu discurso de apertura en 1955:

"Mañá pode ser unha idade marabillosa. Os nosos científicos hoxe abren as portas da Idade Espacial a logros que beneficiarán aos nosos fillos e ás xeracións vindeiras. As atraccións de Tomorrowland foron deseñadas para darche a oportunidade de participar en aventuras que son un proxecto vivo do noso futuro".

"O futuro pode ser unha idade marabillosa. Os nosos científicos agora abren as portas ao espazo para acadar logros que beneficiarán aos nosos fillos e ás xeracións futuras. As atraccións de Tomorrowland están deseñadas para ofrecer aos visitantes a oportunidade de participar en aventuras que son o modelo vivo do noso futuro". [4]

Atraccións
  • Disneyland Railroad Station
  • Autopia
  • Buzz Lightyear’s Astro Blasters
  • Disneyland Monorail
  • Finding Nemo Submarine Voyage
  • Space Mountain
  • Star Tours – The Adventures Continue

Star Wars Galaxy's Edge

[editar | editar a fonte]
Actores na area de Galaxy´s Edge, verán 2024

Área tematizada na franquía de Star Wars. A localización representaría o Black Spire Outpost, unha poboación mencionada no canon das películas, incluída nun diálogo breve de Solo: A Star Wars Story.

Atraccións
  • Star Wars: Millennium Falcon – Smugglers Run – un simulador no que os visitantes, en grupos de tres, poden controlar os movementos do simulador (o piloto) os controis da nave en caso de avarías (enxeñeira) e os láseres contra os inimigos (soldado)
  • Star Wars: Rise of the Resistance – unha Dark Ride, na que os visitantes camiñan por labirintos intentando adentrarse nos cuarteis da Primeira Orde, interactuan con actores na fase intermedia e visitan grandes decorados interiores e viaxan nun vagón de tecnoloxía trackless (isto é que non precisa de raís e son capaces de moverse librementes polo interior das habitacións) durante o final e ata a saída.
Restaurantes
A Cantina de Oga en Hollywood Studios
  • Docking Bay 7 Food and Cargo – O personaxe de Star Wars Strono "Cookie" Tuggs" dirixe esta cociña. Os elementos do menú están inspirados nos pratos que Cookie creou mentres traballaba para Maz Kanata no planeta Takodana. [5]
  • Kat Saka’s Kettle
  • Milk Stand
  • Oga’s Cantina
  • Ronto Roasters
Tendas
  • Black Spire Outfitters
  • Creature Stall
  • Dok-Ondar's Den of Antiquities
  • Droid Depot
  • First Order Cargo
  • Resistance Supply
  • Savi's Workshop
  • Toydarian Toymaker
  1. "Disneyland's history". Consultado o 01/05/2011. 
  2. "Disneyland, amusement park in Anaheim, California". britannica.com. Consultado o 12-10-2024. .
  3. "The Disneyland Story presenting Great Moments with Mr. Lincoln". disneyland.com. Consultado o 12-10-2024. .
  4. "Disney's 'Tomorrowland' draws inspiration from NASA's past and future". collectspace.com. Consultado o 12-10-2024. .
  5. "Docking Bay 7 Food and Cargo". allears.net. Consultado o 12-10-2024. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]