Dirk Bouts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O camiño do Paraíso ou A ascension dos elixidos, Palais des Beaux-Arts de Lille.

Dirk Bouts, ou Dieric Bouts, coñecido tamén como Dirk Bouts o vello (Haarlem, ca. 1415 - Lovaina, 1475) foi un pintor holandés activo na época dos primitivos flamengos, entre os que se inclúe.

Biografía[editar | editar a fonte]

Sábese pouco da vida deste artista. A nota biográfica que lle consagrou Carel van Mander (1604), a pesar da devoción do autor, está chea de lagoas. Consonte Van Mander tería nacido en Haarlem. Ignórase quen foi o seu mestre. As súas primeiras obras testemuñan a influencia de Van der Weyden, e tamén de Petrus Christus[1].

A Última Cea, panel do retablo do Santo Sacramento

Ao final da década de 1450, casa cunha certa Katharina van der Brugghen, membro da burguesía de Lovaina, entón en plena expansión económica e artística. Terán catro fillos. Os dous homes, Dirk o Mozo e Albrecht Bouts foron tamén pintores[1].

En 1468, foi nomeado pintor oficial da cidade de Lovaina. En 1473, dous anos antes da súa morte, casou en segundas nupcias con Elisabeth Van Voshem[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Bouts é famoso polas súas numerosas táboas de tema relixioso, das que salienta a Virxe co Neno. Na maioría das obras utilizou o soporte de madeira, sobre o que pintaba ao óleo. Dominaba a perspectiva como é evidente polos decorados moi precisos, nos cales quedan integrados os personaxes de xeito totalmente coherente. Porén os seus personaxes carecen da emotividade que transmite un Van der Weyden. Dirk Bouts foi un pintor apreciado na Península Ibérica.

Selección[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Cristo en casa de Simón o fariseo,óleo sobre táboa, 40,5 x 61 cm.  
Xustiza do emperador Otón, ca. 1460, óleo sobre táboa, 324 x 182 cm.  
Virxe con Neno, ca. 1460-65, tempera sobre táboa, 27,9 x 24,1 cm.  
Panel central do Martirio de San Hipólito (tríptico), 1468, óleo sobre táboa, 92 x 41 cm, Museo de Saint Salvator, Cat. de Bruxas.  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dirk Bouts Modificar a ligazón no Wikidata