Saltar ao contido

Catedral de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Granada

Tipocatedral católica e monumento Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura do Renacemento Editar o valor en Wikidata
DioceseArquidiocese de Granada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°10′34″N 3°35′56″O / 37.176, -3.599
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada
ConcelloGranada Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundaciónséculo XVI Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura67 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude116 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoDiego de Siloé Editar o valor en Wikidata
Dedicado aSanta María Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data2 de novembro de 1929
IdentificadorRI-51-0000339
Composto por
capela da Nosa Señora da Antigua Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcatedraldegranada.com Editar o valor en Wikidata
RedesBNE: XX116636
Wikidata ]

A catedral da Encarnación de Granada é un templo católico da cidade española de Granada, sé da diocese da cidade. O templo é unha das obras cimeiras do Renacemento español.

Co reinado de Carlos I de España levaranse a ramo numerosas construcións na cidade de Granada, dada a intención do monarca de converter a urbe no modelo de cidade do século XVI. Así a construción da catedral de Granada será coetánea das do palacio cristián da Alhambra, da Universidade e da Chancelaría (tribunal supremo).

A obra é concibida en 1523 por Enrique Egas, tomando como modelo a Catedral de Toledo. Mais será Diego de Siloé quen, en 1529, se encargará das obras, que se concluirán en 1537. O autor traza con liñas renacentistas todo o edificio sobre os alicerces góticos, con deambulatorio e cinco naves, en vez das tres habituais. Combina ademais na súa estrutura elementos doutros estilos arquitectónicos.

Coa política centralista de Filipe II e, especialmente, no reinado de Filipe III, coa expulsión dos mouriscos en 1609, a rexión perderá gran parte da súa forza económica, quedando relegada fronte outros centros locais. Porén, si se continuarán a desenvolver proxectos artísticos de importancia. É o caso da reforma da fachada principal, en 1664, emprendida por Alonso Cano (1601 – 1667), pola que se introducen elementos barrocos.

A magnificencia do proxecto sería aínda maior de erguérense as dúas grandes torres de 81 metros de altura, previstas en plano. O proxecto non foi terminado por diversos problemas, entre eles a morte de Alonso Cano en 1667, ademais doutros económicos, polo que finalmente, en 1684, a Catedral quedou cunha torre única, formada só por tres corpos, en lugar dos seis previstos, e con 57 metros de altura.

En 1706, Francisco de Hurtado Izquierdo, e logo o seu colaborador José Beda, construíron o actual sagrario da catedral. Nel, rompendo a tendencia rococó e respectando a sobriedade de liñas, conservouse a estrutura clásica do resto do templo.

Características

[editar | editar a fonte]

A catedral de Granada presenta unha planta rectangular, debido a que as cinco naves cobren por completo o cruceiro, que non chega a destacar sobre a silueta desta. As cinco naves están escalonadas en altura, sendo maior a central. En ambos pés da catedral sitúanse as dúas torres.

A capela maior está composta por unha serie de columnas corintias, e sobre os capiteis, érguese o entaboamento, e sobre deste, a bóveda, que se encontra, ao igual que os espazos inferiores sobre as columnas, furada, albergando unha serie de vitrais.

A fachada presenta unha estrutura encadrada, en forma de arco de triunfo, con portadas e lenzos de parede, empotrados. Está formada por tres eixes, coroados cada un por arcos de medio punto, sostidos sobre pilastras, de forma similar a solución empregada en Santo André de Mantua de Domenico Fancelli. As pilastras carecen de capiteis, mostrando no seu lugar resaltes esculpidos, así como medallóns de escaiola acaroados.

O sagrario, de 1706, mantén, como se dixo xa, as proporcións clásicas do templo, mantendo as columnas múltiples do cruceiro as formas da orde composta que ideara Siloé.

A Capela Real

[editar | editar a fonte]

Dentro do conxunto da catedral, e concibido como un anexo, sitúase no lado sur a Capela Real. Foi trazada por Enrique Egas, polo que o seu estilo é plateresco. Contén as tumbas reais do matrimonio formado polos Reis Católicos, Fernando e Isabel I, esculpido en Xénova por Domenico Fancelli, e mais os sepulcros reais da súa filla, a raíña Xoana I de España e o seu marido, o rei Filipe o Fermoso, pais de Carlos I; esta segunda tumba é obra escultórica de Bartolomé Ordóñez. Porén todos os restos descansan na cripta, subterránea, sita so os sepulcros. Cabe destacar tamén o espléndido retablo, 1520-1522, obra de Filipe de Bigarny.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]