Quentin Matsys
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1466 Lovaina, Bélxica |
| Morte | 14 de setembro de 1530 Anveres, Bélxica |
| Lugar de sepultura | Catedral de Nossa Senhora (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura |
| Lugar de traballo | Anveres (1491 (Gregoriano)–1530 (Gregoriano)) Lovaina |
| Ocupación | pintor, medallista, debuxante arquitectónico, artista, artista visual |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Pintura flamenga primitiva |
| Profesores | Dirk Bouts |
| Alumnos | Eduardo, o Português (pt) |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Cornelis Massys, Jan Matsys |
| Nai | Christina Van Pullaer |
| Irmáns | Catharina Massys Joost Massys |
| Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste, (sec:Messis, Mahler von Antorf. 241, 241) Het Schilder-Boeck, (sec:Het leven van Quintijn Messijs, Schilder van Antwerpen., M196) Lives of Flemish, German, and Dutch painters (en) |

Quentin Matsys (escrito tamén Quinten ou Kwinten, e Massys, Matsys ou Matsijs), nado en Lovaina en 1466 e finado en Anveres o 4 de setembro de 1530, foi un pintor flamengo, fundador da Escola de Anveres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Lovaina, onde aprendeu a ser forxador. Moi logo entrou en contacto co pintor Dieric Bouts, quen o ensinou e puxo en coñecemento da obra de Memling e van der Weyden, de quen recibiu influencias. Con 25 anos marchou a Anveres, e a súa arte contribuíu a renovar a pintura fiamenga, a partir dos supostos de van Eyck e van der Weyden.
Matsys, ademais da súa vasta produción de temática relixiosa, tivo sona como retratista e entre as súas obras nese campo lémbranse: Retrato dun vello (1513), O cambista e súa muller (1514), o máis reproducido dos seus cadros, e A duquesa fea (1515).
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quentin Matsys |