Petrus Christus
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Petrus Christus | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1410 |
Lugar de nacemento | Baarle |
Falecemento | 1475 |
Lugar de falecemento | Bruxas |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur |
Ocupación | pintor e iluminador |
Coñecido por | S. Eloi no seu obradoiro, Retrato de uma Jovem Menina e Isabella of Portugal with Saint Elisabeth |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Petrus Christus (Baarle-Hertog, Antuerpen, circa 1410 – Bruxas, circa 1475) foi un dos principais pintores flamengos do século XV.
Biografía[editar | editar a fonte]
As noticias sobre a súa vida son tan escasas que nin sequera se coñece o seu verdadeiro nome (o de Petrus Christus está deducido da súa sinatura, petr. XPI).
O catálogo das súas obras, preto de corenta pezas, foi reconstruído en base ás oito pinturas subsistentes que levan a súa sinatura, datadas entre 1446 e 1457.
Cronoloxicamente documéntase por vez primeira o 7 de xullo de 1444, cando obtivo a cidadanía, xunto coa súa muller, en Bruxas. No 1458 aparece inscrito na confraría da Nosa Señora da Árbore Seca, unha das máis prestixiosas asociacións da época, que contaba entre os seus membros aos duques de Borgoña e banqueiros italianos activos en Bruxas, como os Arnolfini e os Portinari.
É considerado o herdeiro espiritual da arte de Jan van Eyck, do que incluso ata puido ter sido discípulo, mais o seu estilo evidencia influencias doutros grandes artistas flamengos do seu tempo como Dirk Bouts, Robert Campin e Rogier van der Weyden.
Algúns historiadores suxiren que Christus viaxou a Italia. Seguramente se fundan nos numerosos comitentes italianos, sobre todo toscanos, que tiña. Mesmo debeu ter en conta nas súas obras os gustos dos seus clientes italianos, por exemplo adoptando unha perspectiva cun punto de fuga único. As coincidencias da técnica artística de Petrus Christus coa de Antonello da Messina, inducen a pensar que houbo contactos entre este artista siciliano e o flamengo.
Galería[editar | editar a fonte]
Retrato de rapaza. Ca. 1460. Óleo sobre madeira, 29x22,5 cm. Gemäldegalerie de Berlín.
Cabeza de Cristo, óleo de 1445.
Virxe co Neno, 1460 - 1465, Museo do Prado.
Retrato de un cartujo, 1446. Metropolitan Museum of Art, New York
San Eloi, 1449. Metropolitan Museum of Art
A VIrxe coa árbore seca, c. 1462-65. Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid
Natividade, c. 1460s. National Gallery of Art, Washington, D.C.