Tomas Aguon Camacho
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Tomas Aguon Camacho | |
---|---|
![]() | |
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | 18 de setembro de 1933 en Chalan Kanoa, Saipan, Illas Marianas Setentrionais |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 14 de xuño de 1961 |
Consagración episcopal | 13 de xaneiro de 1985, por Felixberto Camacho Flores |
Bispo de Chalan Kanoa | |
8 de novembro de 1984 - 6 de abril de 2010 | |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Tomas Aguon Camacho, nado en Chalan Kanoa (Saipan, Illas Marianas Setentrionais) o 18 de setembro de 1933, é un eclesiástico católico latino, bispo de Chalan Kanoa dende 1984 até 2010.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 14 de xuño de 1961 foi ordenado sacerdote, con 27 anos.[1] Camacho foi nomeado bispo da nova diocese de Chalan Kanoa polo papa Xoán Paulo II o 8 de novembro de 1984. Foi consagrado bispo o 13 de xaneiro de 1985,[1] sendo o consagrante principal o arcebispo de Agaña, Felixberto Camacho Flores, e actuando como co-consagradores o bispo das Carolinas-Marshall Joseph Neylon, e o bispo auxiliar de Agaña Anthony Sablan Apuron.
Camacho exerceu como bispo diocesano até que lle foi aceptada a súa renuncia, o 6 de abril de 2010.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Annuario Pontificio. 1995. p. 148.
- ↑ Sala Stampa della Santa Sede, ed. (6 de abril de 2010). "RINUNCE E NOMINI". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0201).