Diego Bermúdez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 19 de xuño de 1982 As Pontes de García Rodríguez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Diego Andrés Bermúdez Penabad, máis coñecido como Bermúdez, nado nas Pontes de García Rodríguez o 19 de xuño de 1982, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado nas categoría inferiores do Celta de Vigo, é fillo de José Antonio Bermúdez, xogador do Calvo Sotelo, Perlío e Racing de Ferrol na década de 1970. Bermúdez xogou desde neno no Endesa As Pontes, onde foi campión de Liga e Copa de Ferrol en categoría alevín nos anos 1993 e 1994, en infantís en 1995 e 1996 e campión da Liga de Ferrol cadete en 1998.[1]. Actúa de lateral esquerdo e pasou polo Viveiro, Racing Vilalbés, Compostela, Arteixo, Móstoles, Osasuna B e Leganés, antes de chegar ao Alcorcón. Neste equipo viviu a experiencia do 'Alcorconazo' ante o Real Madrid en Copa do Rei e o primeiro ascenso a Segunda da historia do club.[2].
Clubs
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un gallego contra la galaxia
- ↑ ""Con cada gol, alucinaba máis" di Bermúdez". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1982
- Nados nas Pontes de García Rodríguez
- Futbolistas das Pontes de García Rodríguez
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Viveiro CF
- Xogadores do Racing Vilalbés
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do Atlético Arteixo
- Xogadores do CD Móstoles
- Xogadores do CA Osasuna B
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Cádiz CF