Saltar ao contido

Diana Maffía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiana Maffía

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCoalizão Cívica ARI (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webdianamaffia.com.ar Editar o valor en Wikidata
Facebook: 157462617613235 Twitter: dianamaffia Editar o valor en Wikidata

Diana Helena Maffía, nada en Buenos Aires o 19 de setembro de 1953, é unha filósofa arxentina.[1] Fundadora da Rede Arxentina de Xénero, Ciencia e Tecnoloxía e da Asociación Arxentina de Mulleres en Filosofía. Foi Defensora Adxunta do Pobo e deputada. Desde 2012 dirixe o Observatorio de Xénero na Xustiza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1971 comezou a carreira de Filosofía na Universidade de Buenos Aires. Despois entrou na Sociedade Arxentina de Análise Filosófica (SADAF). Na década de 1980 traballou como profesora de Filosofía na Universidade de Buenos Aires (UBA). No ano 2000 obtivo o doutoramento en Filosofía, pola mesma universidade. A súa tese titulouse Xénero, subxectividade e coñecemento.[2]

Desempeñou diversos cargos públicos[1]:

  • 1998 a 2003: Defensora Adxunta do Pobo da Cidade de Buenos Aires, na área de Dereitos Humanos e Equidade de Xénero. Traballou alí polos dereitos das mulleres, nenos, nenas e adolescentes, minorías sexuais, persoas en situación de prostitución.
  • 2004-2008: Directora académica do Instituto de Formación Cultural e Política Hannah Arendt.[3]
  • 2007-2011: Lexisladora na Lexislatura da Cidade Autónoma de Buenos Aires, pola partido Coalición Cívica/ARI. Presidiu a Comisión de Muller, Infancia, Adolescencia e Mocidade, e tamén formou parte das de Cultura; Saúde, e Seguimentos de Organismos de Control.
  • 2012-2014 Membro do Consello Académico do Centro de Formación Xudicial, do Consello da Maxistratura da Cidade de Buenos Aires.
  • 2012-actualidade Directora do Observatorio de Xénero na Xustiza, do Consello da Maxistratura da Cidade de Buenos Aires.

Como lexisladora pola Coalición Cívica, Diana Maffía, presentou un proxecto de lei para promover os dereitos humanos daquelas persoas en situación de prostitución, no ámbito da Subsecretaria de Dereitos Humanos do Goberno da Cidade.[4] O Premio Raquel Liberman, outorgado pola lexislatura porteña como recoñecemento a quen loitan por frear a violencia de xénero, foi unha iniciativa súa.[5] Como titular da Comisión de Muller, Infancia, Adolescencia e Mocidade, foi a creadora de numerosos proxectos para o coidado de nenas, nenos e adolescentes.

Maffía defende a despenalización do aborto,e foi coautora do proxecto de morte digna.[6][7][8][9][10]

O 26 de maio de 2012 participou no encontro «WikiGénero (visibilizando las brechas de género en Wikipedia)», que levou a cabo no Centro Cultural Ricardo Rojas en Buenos Aires.[11]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Dignidad 2000, entregado pola Asemblea Permanente polos Dereitos Humanos.[12]
  • Premio Parlamentario 2008, 2009, 2010, 2011.[13]
  • Premios SP: Mellor Legisladora No Oficialista 2011.[14]
  • Medalla de recoñecemento da lexislatura porteña 2011.[15]
  • Premio Konex - Diploma ao Mérito 2016: Estudos de Xénero.
  • Doutora Honoris Causa da Universidade de Córdoba 2019[16]
Maffía presentando o seu relatorio na conferencia sobre Wikigénero en Buenos Aires, 26/5/2012.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

É autora de numerosos libros e artigos[1]:

  • Búsquedas de sentido para una nueva política, en colaboración con Elisa Carrió. Buenos Aires: Paidós, 2005.
  • La concepción del poder desde las mujeres. Foro de líderes mujeres políticas de Latinoamérica: Buenos Aires, 4 e 5 de novembro de 2004.
  • Sexualidades migrantes género y transgénero.
  • Aborto no punible: ¿Qué dice la ley argentina?. En Checa, S. (Comp.). Realidades y conyunturas del aborto. Entre el derecho y la necesidad. Buenos Aires: Paidós.
  • Contra las dicotomías: Feminismo y epistemología crítica. Seminario de epistemología feminista, Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Buenos Aires.
  • Epistemología feminista: La subversión semiótica de las mujeres en la ciencia. Revista feminismos, 2014, vol. 2, no 3.
  1. 1,0 1,1 1,2 «Soy», autobiografía de Diana Maffía no sitio web Diana Maffía. Consultado o 10 de marzo de 2013.
  2. Tomé, Danila Suárez (2020-05-03). "Diana Maffía". El lugar sin límites. Revista de Estudios y Políticas de Género (en castelán) 2 (3): 135–145. ISSN 2683-9105. 
  3. «Carrió abre escuela propia, bajo el ala de Hannah Arendt», artigo de José Natanson do diario Página/12 do 2 de maio de 2004. Consultado o 15 de marzo de 2013.
  4. «Plan para promover los derechos humanos de personas en situación de prostitución», artigo de agosto de 2011 no sitio web Barrio de Pueyrredón.
  5. "Entregarán el miércoles el Premio Raquel Liberman, una iniciativa de la legisladora porteña Diana Maffía". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  6. "Realizarán esta semana una sesión especial en el recinto y proyectarán un documental sobre la despenalización del aborto". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  7. Se firmó el proyecto de muerte digna en la Ciudad
  8. «Un paso por el aborto no punible», artigo de Pedro Lipcovich no diario Página/12 do 24 de setembre de 2009. Consultado o 15 de marzo de 2013.
  9. «Diana Maffía: “La Iglesia conserva su capacidad de presionar”», artículo en el diario Río Negro del 5 de abril de 2004. Consultado el 10 de marzo de 2013.
  10. «En el nombre del padre», artículo en el diario Página/12 (Buenos Aires), del 2 de enero de 2009. Consultado el 10 de marzo de 2013.
  11. «WikiGénero, un encuentro imperdible», artículo de Paula Carri en el sitio web Aryentina, del 23 de mayo de 2012. Consultado el 10 de marzo de 2013.
  12. Eva Giberti, cuya presentacion estará a cargo de la Coordinadora de la Comisión Susana Perez Gallard y de la Dra. Diana Maffía (PREMIO DIGNIDAD AÑO 2000).
  13. Otorgado por sus pares por el buen desarrollo de su tarea legislativa.
  14. Entrega de Premios sección política
  15. La Legislatura entregó un reconocimiento a los legisladores porteños que terminaron sus mandatos
  16. "Doctorado “honoris causa” para Diana Maffía" (en castelán). Consultado o 2 de noviembre de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]