Saltar ao contido

Desiderio Comesaña Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDesiderio Comesaña Prado
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, axente de seguros Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1594

Desiderio Comesaña Prado, nado en Pontevedra en 1900 e finado na mesma cidade o 16 de febreiro de 1956,[1][2] foi un anarcosindicalista galego, implantou o sindicato Confederación Nacional do Traballo nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e O Salnés durante a Segunda República Española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa militancia sindicalista na emigración arxentina. Retornado a Pontevedra, en 1927 foi presidente da Sociedade de Camareiros. Na mesma cidade foi membro fundador da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores da CNT e do periódico ¡¡Revolución!!. Porén, debido ó control mantido polo PCE local, deixou esas agrupacións, ingresando na Sociedad de Camareros do Comité Rexional Galaico da CNT.

Anarquismo

[editar | editar a fonte]

En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e colaborou na creación do grupo anarquista Natura, a partir do cal en 1933 artellouse o primeiro comité rexional da Federación Anarquista Ibérica coa axuda de Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, funcionario de telégrafos. Participou como representante anarcosindicalista no mitin contra o fascismo e a lei de amnistía do Cine Coliseum de Pontevedra en abril de 1934, xunto con Delmiro Sarmiento, Ramón Suárez Picallo, Manuel García Filgueira e José Adrio Barreiro.[3] Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido pola policía na praza da Ferrería de Pontevedra o 7 de outubro; procesado o 26 de outubro pola súa actuación contraria ao bando de guerra, o 21 de novembro acordouse o sobresemento provisional da causa.[4]

Moi coñecido na comarca do Morrazo, representou ó sindicato de Moaña Fraternidad Marinera no Congreso da CNT celebrado en Zaragoza en maio de 1936.

Golpe militar

[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, no Nadal de 1937 fuxiu a Portugal xunto a Ubaldo López a través de Ponte Barxas (Padrenda) coa axuda de Elena Pintado Martín. Foron detidos pola policía portuguesa logo de seren delatados por un confidente de Lavadores. Inicialmente condenado a morte, conmutóuselle a pena pola de prisión perpetua. Tras pasar por varios penais, como as minas de Fontao (Vila de Cruces), en 1943 concedéronlle a liberdade condicional no Destacamento Penal das minas de volframio de Silleda,[5] retomando axiña o contacto co Comité Rexional Galaico na clandestinidade. Foi subdirector da Compañía de Seguros Santa Lucía en Pontevedra e desde a súa correduría de seguros colaborou coas actividades da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elena Matos Torres, filla de Eduardo Matos Portela, en febreiro de 1934, e foi pai de Aurora e Esther Comesaña Matos.

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-2-1956, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 18-2-1956, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 24-4-1934, p. 14.
  4. Desiderio Comesaña, outubro de 1934.
  5. BOE, 12-10-1943, p. 9876.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]