Elena Pintado Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elena Pintado Martín
editar datos en Wikidata ]

Elena Pintado Martín, nada en Toledo en 1910, foi unha política española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciña de Pontevedra. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 axudou ao seu home Victoriano Costales a fuxir a Portugal e tamén puxo en contacto a Desiderio Comesaña Prado con Antonio García, o chófer que os levou na súa fuxida cara Portugal.[1]. Detida, foi xulgada en Vigo en febreiro de 1938 por rebelión militar, e condenada a cadea perpetua. Estivo presa no penal feminino de Saturrarán.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.[3] Foi requirida en agosto de 1943 polo Xulgado Especial de Conmutación de Penas.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Victoriano Costales Gutiérrez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]