Departamentos do Salvador
O territorio do Salvador está repartido en 14 entidades subnacionais de primeira orde denominadas departamentos. Os departamentos son rexidos por un gobernador departamental, nomeado polo Presidente.
Historia
[editar | editar a fonte]No Artigo 6 da primeira Constitución do Estado do Salvador (denominado Estado del Salvador), decretado pola primeira Asemblea Constituínte do Estado, o 12 de xuño de 1824, dividiuse o territorio do Estado en 4 departamentos: San Salvador, Sonsonate, San Vicente e San Miguel. A Constitución atribuíu o fixamento dos límites departamentais ao Congreso do Estado, estableceu un Consello representativo composto dun representante por cada departamento elixido polos seus respectivos pobos e estableceu o cargo de Xefe Político Intendente nomeado polo Xefe do Estado e a cuxo cargo estaba o goberno político e de facenda do departamento.[1]
O 4 de setembro de 1832, emitiuse o Regramento de Xefes Políticos, Municipalidades e Alcaldes. Este regramento estableceu límites e xurisdicións para os Departamentos e regrou o cargo de Gobernador departamental.
A Constitución emitida o 18 de febreiro de 1841 estableceu o cargo de Gobernador, nomeado polo Poder Executivo. A Constitución tamén estableceu dúas Cámaras Lexislativas, unha de Senadores e outra de Deputados, cada Departamento de 30 000 habitantes elixiría un Senador propietario e un suplente para a súa representación.[2]
Lista de departamentos
[editar | editar a fonte]Departamento | Código ISO | Área (km²) |
Poboación (2013)[3] |
Densidade de
poboación (hab/km²) |
Capital | Escudo | Bandeira |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ahuachapán | SV-AH | 12.396 | 333.406 | 269 | Ahuachapán | ||
Cabañas | SV-CA | 11.035 | 164.945 | 1.495 | Sensuntepeque | ||
Chalatenango | SV-CH | 20.166 | 204.808 | 1.016 | Chalatenango | ||
Cuscatlán | SV-CU | 7.562 | 252.528 | 3.339 | Cojutepeque | ||
La Libertad | SV-LI | 16.529 | 747.662 | 4.523 | Santa Tecla | ||
Morazán | SV-MO | 14.474 | 199.519 | 1.378 | San Francisco Gotera | ||
La Paz | SV-PA | 12.236 | 328.221 | 2.682 | Zacatecoluca | ||
Santa Ana | SV-SA | 20.232 | 572.081 | 2.828 | Santa Ana | ||
San Miguel | SV-SM | 20.771 | 478.792 | 2.305 | San Miguel | ||
San Salvador | SV-SS | 8.862 | 1.740.847 | 19.644 | San Salvador | ||
San Vicente | SV-SV | 1.184 | 174.561 | 1.474 | San Vicente | ||
Sonsonate | SV-SO | 12.252 | 463.732 | 3.785 | Sonsonate | ||
La Unión | SV-UN | 20.743 | 263.271 | 1.269 | La Unión | ||
Usulután | SV-US | 21.304 | 366.040 | 1.718 | Usulután |
Municipios
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Municipios do Salvador.
Os departamentos do Salvador subdivídense en municipios. Ten un total de 266 municipios. As súas últimas eleccións celebráronse o 28 de febreiro de 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Constitución Política de la República de El Salvador de 1824 | Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 9 de maio de 2019.
- ↑ "Constitución Política de la República de El Salvador de 1841 | Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes". www.cervantesvirtual.com. Consultado o 9 de maio de 2019.
- ↑ "El Salvador at GeoHive". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2016. Consultado o 9 de maio de 2019.