Departamento de Cabañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDepartamento de Cabañas
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 13°53′N 88°38′O / 13.88, -88.63Coordenadas: 13°53′N 88°38′O / 13.88, -88.63
EstadoO Salvador Editar o valor em Wikidata
CapitalSensuntepeque Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación149.326 (2007) Editar o valor em Wikidata (135,26 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.104 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1873 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2SV-CA Editar o valor em Wikidata

Cabañas é un departamento da zona paracentral do Salvador. A súa cabeceira departamental é Sensuntepeque. Esta rexión ten moitas reservas naturais. O departamento debe o seu nome ao político centroamericanista hondureño José Trinidad Cabañas.

Historia[editar | editar a fonte]

Na sesión da 6ª Asemblea Constituínte celebrada no 8 de febreiro de 1873, falouse sobre a necesidade de crear un novo departamento composto dos distritos de Ilobasco e Sensuntepeque; a opinión da comisión foi darlle o nome de departamento de Lindo e facer de Ilobasco a súa capital. A erección do novo departamento foi aprobada e discutíronse os seus detalles. Varios representantes opuxéronse ao nome indicado pola comisión. O representante González propuxo o nome de Sensuntepeque, o representante Guzmán o de Morazán e o representante Herrera propuxo o nome de departamento de 73 por ser a asemblea dese ano a que a erixía. O señor Contreras propuxo o nome de departamento de Cabañas en memoria do xeneral José Trinidad Cabañas e decidindo ademais que o nome de Morazán era moito para un departamento e que non perdía a esperanza de que as cinco repúblicas centroamericanas levasen o nome de república de Morazán se se unisen algunha vez. Esta última proposición foi a aceptada.[1]

Pasou a discusión á segunda parte sobre a cabeceira do departamento e debateuse longamente. Os señores Villatoro, Díaz, Valdés e Guzmán opinaron que Sensuntepeque fora a capital e os señores Larreynaga e outros optaron por Ilobasco; os representantes González e Cacho propuxeron que se facultase ao executivo para que designase cal sería. O representante Mendoza propuxo que se designase a capital a sortes e quedou pendente a discusión para o seguinte día. Na sesión do 9 de febreiro continuouse a discusión. Tomaron a palabra os representantes Díaz, Castillo, Villatoro, Guzmán e outros, e despois de expor as súas razóns, citando as calidades vantaxosas que presentaba Sensuntepeque para a cabeceira, foi esta elixida pola Asemblea.[1]

O 10 de febreiro de 1873, a Asemblea Constituínte emitiu o decreto lexislativo que segregou os distritos de Ilobasco e Sensuntepeque do Departamento de San Vicente e incorporounos ao novo Departamento de Cabañas, tendo por capital a cidade de Sensuntepeque. Ademais determinou que os pobos que conformarían o distrito de Ilobasco serían Jutiapa, Tejutepeque e Cinquera e que os pobos que conformarán o novo distrito de San Sebastián, pertencente ao departamento de San Vicente, serían o mesmo pobo de San Sebastián, Santo Domingo, San Lorenzo, San Esteban e Santa Clara. O decreto lexislativo é sancionado polo presidente Santiago González o 22 de febreiro de 1873.[2]

Por decreto lexislativo número 262 emitido o 1 de febreiro de 1973 e ratificado polo presidente Arturo Armando Molina o 5 de febreiro, a iniciativa do deputado polo departamento de Cabañas Miguel Apolonio Arévalo Peña, declarouse festa nacional o día 10 de febreiro dese ano para celebrar o primeiro centenario da creación do departamento.[3]

O actual gobernador departamental é o médico Vicente Rovira Guzmán nomeado en xullo de 2009, polo presidente do Salvador, Mauricio Funes. (dato desactualizado)

O exgobernador departamental polos anos 1994-2003, José Arturo Vásquez Machado, foi asasinado o 9 de novembro de 2009 na capital San Salvador.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Departamento salvadoreño de Cabañas está situado no centro norte do país. Limita ao norte co departamento de Chalatenango, ao noroeste con Honduras, ao leste co departamento de San Miguel, ao sur con San Vicente, e ao oeste con Cuscatlán. Destacan no departamento o río Lempa (88.0 km), os encoros do Cerrón Grande e a presa hidroeléctrica 5 de Noviembre; os cerros La Cruz (921.0 m s. n. m.) e El Ocotillo (1,014 m s. n. m.).

O punto máis alto do territorio sitúase nas coordenadas 13.962235, -88.634356,[4] especificamente no cerro Ocotillo a 1.014 m s. n. m..

División Política do departamento de Cabañas

División administrativa[editar | editar a fonte]

Municipios[editar | editar a fonte]

Cabañas subdivídese en 9 municipios:

Municipio Territorio Poboación
Cinquera 34.51 km² 1,467 hab.
Dolores 149.05 km² 6,347 hab.
Guacotecti 21.01 km² 5,550 hab.
Ilobasco 249.69 km² 61,510 hab.
Jutiapa 67.12 km² 6,584 hab.
San Isidro 78.33 km² 7,796 hab.
Sensuntepeque 306.33 km² 40,332 hab.
Tejutepeque 50.52 km² 7,114 hab.
Victoria 146.95 km² 12,626 hab.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Trabajos del Congreso" (PDF). Boletín Oficial (Tomo 1 Número 92) (San Salvador). 20 de febreiro de 1873. pp. 1–2. Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  2. "Asamblea Nacional Constituyente" (PDF). Boletín Oficial (Tomo 1 Número 93) (San Salvador). 27 de febreiro de 1873. pp. 1–2. Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  3. "Decreto Nº 262" (PDF). Diario Oficial (Tomo 238 Número 24) (San Salvador). 5 de febreiro de 1973. p. 1230. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xullo de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2020. 
  4. "13°57'44.1"N 88°38'03.7"W". Consultado o 2020-12-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]