Sensuntepeque
Sensuntepeque | |
---|---|
![]() |
Sensuntepeque é unha cidade do Salvador, cabeceira do departamento de Cabañas, situada na zona central do país. Está situada a 83 km ao nordeste da capital, San Salvador, e a unha altitude de 820 m s. n. m..
Ten unha poboación de 45 mil habitantes, e unha extensión territorial de 306,33 km². Está subdividido xeograficamente en 22 cantóns e 236 casaríos na zona rural. A zona urbana divídese en catro barrios e 28 colonias.
Historia[editar | editar a fonte]
Sensuntepeque é unha poboación de orixe precolombiana e, segundo confirma a toponimia rexional, foi fundada por tribos lencas a finais do século XV, emporiso guerreiros yaquis ou pipiles incursionaron por esta poboación e cambiáronlle o seu nome primitivo polo que aínda ostenta, que é de xenuína procedencia e estrutura náhuatl.
A localidade foi fundada por pipiles no ano 1550. En 1799 converteuse en cabeceira do partido de Titihuapa. O 20 de decembro de 1811, os seus poboadores alzáronse contra o dominio colonial español.
Proclamada a independencia en 1821, durante o goberno de José María Cornejo (1829-1832) recibiu o título de vila.
O 27 de xaneiro de 1865 a cámara de deputados, considerando a súa poboación, riqueza, ornato e cultura dos seus habitantes, decretou conferirlle o título de cidade á vila; este decreto foi aprobado pola cámara de senadores o 3 de febreiro. O presidente Francisco Dueñas aprobou o decreto lexislativo conferindo o título de cidade á vila de Sensuntepeque o 4 de febreiro de 1865. O decreto é publicado no xornal oficial do goberno El Constitucional no número 73 do tomo 1 publicado o luns 6 de marzo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Decreto legislativo confiriendo el título de Ciudad á la Villa de Sensuntepeque" (PDF). El Constitucional (Tomo 1 Número 73) (San Salvador). 6 de marzo de 1865. p. 1. Consultado o 27 de febreiro de 2019.