Departamento de San Vicente
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | O Salvador | ||||
| Capital | San Vicente | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 161.857 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.184 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 12 de xuño de 1824 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | SV-SV | ||||
San Vicente é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador, na rexión Paracentral. A cidade cabeceira é San Vicente.
San Vicente é a cidade cabeceira do municipio e departamento homónimos. Foi fundada no ano 1635 e chegou a ser capital da república no século XIX. Durante a colonización española, foi unha das localidades máis importantes da Intendencia de San Salvador.
Historia
[editar | editar a fonte]No departamento atopáronse restos e vestixios arqueolóxicos da cultura dos nahuas de kuskatan e dos nonualcos, en municipios como San Cayetano Istepeque, Verapaz, Tepetitán e Tecoluca. O departamento foi creado durante a administración do primeiro xefe de Estado e prócer da Independencia Centroamericana Juan Manuel Rodríguez, o 12 de xuño de 1824 e funcionou como capital do Salvador de 1834 a 1840.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O departamento pertence á zona central da república. Limita polo norte co departamento de Cabañas, polo leste, cos de San Miguel e Usulután, polo sur, con Usulután, La Paz e o océano Pacífico, e polo oeste, con La Paz e Cuscatlán.
O seu punto máis elevedo sitúase nas coordenadas 13.596546, -88.837866,[1] especificamente no volcán Chinchontepec a 2.182 msnm.
División administrativa
[editar | editar a fonte]Distritos
[editar | editar a fonte]Consta de dous distritos que son:
- San Vicente: San Vicente, Apastepeque, Guadalupe, Tecoluca, Verapaz, Tepetitán, San Cayetano Istepeque.
- San Sebastián: San Sebastián, San Esteban Catarina, San Lorenzo, Santo Domingo, San Ildefonso, Santa Clara
Municipios
[editar | editar a fonte]O departamento de San Vicente está dividido en 13 municipios:
| Municipio | Territorio | Poboación |
|---|---|---|
| Apastepeque | 120,56 km² | 20 285 hab. |
| Guadalupe | 21,51 km² | 6 369 hab. |
| San Cayetano Istepeque | 17,01 km² | 6 473 hab. |
| San Esteban Catarina | 78,14 km² | 4 147 hab. |
| San Ildefonso | 136,37 km² | 10 015 hab. |
| San Lorenzo | 18,71 km² | 7 027 hab. |
| San Sebastián | 61,83 km² | 15 193 hab. |
| San Vicente | 267,25 km² | 52 404 hab. |
| Santa Clara | 124,46 km² | 5 145 hab. |
| Santo Domingo | 16,41 km² | 7 970 hab. |
| Tecoluca | 284,65 km² | 31 711 hab. |
| Tepetitán | 12,81 km² | 4 775 hab. |
| Verapaz | 24,31 km² | 7 099 hab. |
Poboación estimada: 155 265 habitantes (2001) Extensión territorial: 1 184,02 km²
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "13°35'47.6"N 88°50'16.3"W". Consultado o 2020-12-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento de San Vicente |
