San Miguel, O Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

San Miguel é un departamento do Salvador. A súa capital ou cabeceira departamental é San Miguel municipio.

Confina ao norte coa República de Honduras, ao leste cos departamentos de Morazán e La Unión, ao oeste cos departamentos de Cabañas e Usulután, e ao sur presenta unha pequena franxa costeira que se abre cara ao océano Pacífico.

Tén 2.077,1 km² e uns 480.000 habitantes. O seu crecemento demográfico anual é de 1,09 %.

San Miguel foi convertida en departamento o 12 de xuño de 1824.

Destaca entro dos seus confins o volcán de San Miguel ou Chaparrastique, que forma parte da serra Tecapa-Chinameca que recorre o setor central deste departamento e a parte oriental do departamento de Usulután.