Departamento de Ahuachapán
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | O Salvador | ||||
Capital | Ahuachapán | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 348.880 (2024) (281,35 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua pipil | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.240 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 9 de febreiro de 1869 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SV-AH | ||||
O departamento de Ahuachapán (do náhuat ajwechapan, "río de resío") é o máis occidental dos 14 departamentos nos que está dividida a República do Salvador. A súa cabeceira, a cidade de Ahuachapán, atópase a 100 km de San Salvador (capital da república). O departamento ten unha extensión de 1.239,60 km². Limita ao norte co departamento de Santa Ana, ao nordeste e ao leste co departamento de Jutiapa, de Guatemala, ao sur co océano Pacífico e ao leste co departamento de Sonsonate.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi creado polo Decreto Lexislativo do 9 de febreiro de 1869 durante a administración de Francisco Dueñas.
O 9 de febreiro, a Cámara de Deputados, considerando que os Distritos de Ahuachapán e Atiquizaya tiñan a suficiente poboación para formar un Departamento e que a súa separación do Departamento de Santa Ana "reflúe en beneficio da máis eficaz administración", decretou a creación do Departamento a partir dos distritos. O decreto foi aprobado na Cámara de Senadores o 12 de febreiro e executado polo presidente Francisco Dueñas o 13 de febreiro de 1869.[1]
O 18 de febreiro, a Municipalidade de Ahuachapán propúxolle ao goberno o nomeamento do seu Deputado Fabio Morán para o posto de Gobernador departamental.[2] O 14 de marzo verificouse a inauguración do novo Departamento e o acto de toma de posesión de Fabio Morán da Gobernación en Ahuachapán.[3][4]
A súa cabeceira é a cidade de Ahuachapán e consta de dous distritos ou partidos: o de Ahuachapán e o de Atiquizaya, instituídos polas leis de 4 de xullo de 1832 e 26 de febreiro de 1869, respectivamente.
O actual gobernador departamental é Salvador Antonio Gómez Góchez nomeado en maio de 2011, por Mauricio Funes (expresidente salvadoreño).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Cordilleira Costeira atravesa o departamento paralelamente á costa. Dentro das súas principais elevacións atópase o Cerro Apaneca, Volcán Apaneca ou Chichicastepeque 1,831 m s. n. m., o cerro Ataco, Cerro de Oro e Los Alpes.
O principal río é o río Paz, que serve de fronteira con Guatemala, outros ríos curtos e torrenciais baixan da Cordilleira Costeira. Algunhas das súas praias son: a Barra de Santiago e a Garita Palmera
En Ahuachapán sitúase a reserva nacional Bosque El Imposible, de grande interese ecolóxico.
No departamento existen varias lagoas, como El Espino, e lagoas de orixe volcánica como a lagoa Verde, un cráter volcánico a 1,609 m s. n. m.; e a lagoa Las Ninfas que tamén é un cráter volcánico a 1,704 m s. n. m..
A economía do departamento baséase no sector agropecuario. Cultívase café nas zonas altas e mornas e algodón nas zonas baixas e cálidas. Considérase unha zona de grande afluencia de comercio tanto local como internacional por estar preto de puntos fronteirizos.
Relixión
[editar | editar a fonte]Escudo
[editar | editar a fonte]O símbolo departamental é semirectangular. Na parte superior, sobre dúas ás en forma de papiro lese “Ahuachapán febrero 22 Primer Centenario”, que ten relación co reloxo de area que mostra os anos do aniversario “1862-1962”. Dentro do rectángulo, no extremo esquerdo, atópase un libro aberto e unha pluma, que representan a sabedoría dos escritores e homes que plasmaron a historia da cidade. No lado dereito, as ramas de café simbolizan unha das principais riquezas e producións agrícolas das que gozaron os aldeáns. No extremo esquerdo inferior sitúase a maior particularidade do departamento: as solfataras, chamadas ausoles, e despois obsérvase a cordilleira Amatepec que serve de fronteira con Guatemala. Así mesmo, no costado dereito, obsérvase o Arco Durán que está á entrada da cidade; a lagoa El Espino e ao fondo as montañas do cantón El Tigre. Ao pé do escudo nunha cinta lese “Ciudad de los ausoles”.
Demografía
[editar | editar a fonte]O departamento de Ahuachapán de acordo co censo de poboación de 2007, en termos de raza o departamento tiña:
División administrativa
[editar | editar a fonte]Municipios
[editar | editar a fonte]- Ahuachapán
- Apaneca
- Atiquizaya
- Concepción de Ataco
- El Refugio
- Guaymango
- Jujutla
- San Francisco Menéndez
- San Lorenzo
- San Pedro Puxtla
- Tacuba
- Turín
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Decretos Legislativos" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 70) (San Salvador). 18 de febreiro de 1869. p. 1. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Ahuachapán" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 72) (San Salvador). 18 de febreiro de 1869. p. 2. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Ahuachapán" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 74) (San Salvador). 18 de marzo de 1869. p. 3. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Ahuachapán" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 75) (San Salvador). 1 de abril de 1869. p. 2. Consultado o 6 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atlas geográfico universal y de El Salvador. San Salvador (El Salvador): Océano, 1995. ISBN 84-494-0135-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ahuachapán.es Arquivado 20 de decembro de 2018 en Wayback Machine.