Cristianismo evanxélico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Evanxelicalismo»)
Igrexa evanxélica Lakewood Church durante unha celebración.

O evanxelicalismo, evanxelismo, cristianismo evanxélico ou protestantismo evanxélico é un movemento transdenominacional dentro do cristianismo protestante que argúe que a esencia do Evanxeo consiste na doutrina da salvación por graza a través da fe na expiación de Xesús de Nazaret.[1][2][3] Os evanxélicos cren na centralidade da conversión ou na experiencia de «nacer de novo» cando se recibe a salvación, na autoridade da Biblia como a revelación de Deus á humanidade e na difusión da mensaxe cristiá. No ano 2017, había 630 millóns de fieis en todo o mundo.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

O movemento gañou gran pulo nos séculos XVIII e XIX co Primeiro e Segundo Grande Espertar, no Reino Unido e en América do Norte, respectivamente.[5] As orixes do movemento evanxélico adóitanse trazar até o metodismo inglés, a Igrexa de Moravia (en particular, a teoloxía do seu bispo Nicolaus Ludwig von Zinzendorf) e ó pietismo luterano. Entre os líderes e principais figuras do movemento evanxélico protestante atópanse John Wesley, George Whitefield, Jonathan Edwards, Billy Graham, Harold John Ockenga, John Stott e Martyn Lloyd-Jones.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford University, ed. (1978). The Concise Oxford Dictionary of the Christian Church (en inmglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-192-11549-2. 
  2. Pazmino, Robert (2002). Principios y Prácticas de la Educación Cristiana: Una Perspectiva Evangélica. Wipf and Stock Publishers. ISBN 978-1-592-44033-7. 
  3. Lopez, Mario René (1993). "Evangelicalismo y Neo-Pentecostalismo Independiente". Historia y mision del protestantismo hondureno. San Xosé, Costa Rica: Visión Mundial Internacional, Oficina Regional. 
  4. CNEF, GLOBAL STATISTICS 2017 Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine., lecnef.org, France, consultado o 18 de novembro de 2017
  5. "Protestantes, evangélicos y pentecostales: aclaraciones conceptuales preliminares en un campo de investigación social" (36). ISSN 0123-4870. 
  6. An introduction to German pietism : Protestant renewal at the dawn of modern Europe (en inglés). Johns Hopkins University Press. ISBN 1421408309. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.