Saltar ao contido

Fieito real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dentabrún»)

O fieito real, fento real ou dentabrún[1] (Osmunda regalis L.) é unha especie de fieito nativo de Europa, África, Asia, América, que medra en illós e nas beiras dos ríos, en zonas húmidas e relativamente baixas (ata 1.000 metros). A especie é ás veces coñecida como fieito florecido por mor da aparencia das súas fértiles frondes. É o maior fento de Galiza.

É unha planta perennifolia herbácea, isospórea, que produce separadamente frondes fértiles (as máis internas) e outras non (as externas). As estériles expándense 60 a 160 cm de altura e 30 a 40 cm de ancho, son bipinnuladas, con 7-9 pares de pínnulas de 3 dm de longo, onde cada pínnula con 7-13 pares de pínnulas de 2,5-6,5 cm de longo e 1–2 cm de ancho. As frondes fértiles son erectas e máis curtas, 20 a 50 cm de altura, xeralmente con 2-3 pares de pínnulas estériles na base, e 7-14 pares de pínnulas fértiles debaixo do esporanxio, densamente pechadas en forma de panícula. A súa esporulación é entre abril e setembro.

O nome deriva por ser un dos máis grandes fieitos europeos. En moitas áreas, volveuse raro como resultado da drenaxe de terras pantanosas para agricultura.

Variedades

[editar | editar a fonte]
  • Osmunda regalis var. regalis. Europa, África, Asia. Frondes estériles de 1,6 m de altura.
  • Osmunda regalis var. panigrahiana R.D.Dixit. Sur de Asia (India).
  • Osmunda regalis var. brasiliensis (Hook. & Grev.) Pic.Serm. Rexións tropicais de Centro e Suramérica; tratada como sinónimo da var. spectabilis por algúns autores.
  • Osmunda regalis var. spectabilis (Willd.) A.Gray; este de Norteamérica. Frondes estériles de 1 m de altura.

A raíz, como noutras especies de Osmunda, emprégase para producir "fibra de osmunda", material que se usa como soporte de crecemento de orquídeas cultivadas e outras plantas epífitas.

De acordo á mitoloxía eslava, os esporanxios, chamados "flores de Perun", teñen poderes máxicos, como darlles aos seus posuidores a habilidade de derrotar demos, cumprir desexos, destrabar segredos, entender a lingua das árbores. Con todo, coleccionar os esporanxios é un proceso dificultoso. Nas tradicións máis temperás, debíase buscar en noites de Kupala; máis tarde, despois do arribo da cristiandade, a data mudouse para Pascua. Pero sempre, a persoa que busca as flores de Perun debe permanecer dentro dun círculo debuxado ao redor da planta e quitar as tretas dos demos.

  1. O nome dentabrún é o máis referenciado en Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009. En portugués si se referencia o nome de feto real

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]