Peto pequeno
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Peto pequeno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
macho | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Dendrocopos minor' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Distribución global de Dendrocopos minor.
| |||||||||||||||||
Distribución do peto pequeno en Galicia.
|
O peto pequeno,[2] (Dendrocopos minor), é o máis pequeno dos petos europeos. Pertence á familia dos pícidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Cunha lonxitude de 14 a 15 cm, trátase do máis pequeno dos paxaros carpinteiros europeos. Sendo do mesmo tamaño cun pardal común[3]. O dorso riscado de branco e negro; gorxa e peito brancos coas partes inferiores claras, riscadas en negro; ás negras pintadas en branco; crista vermella no macho, negra nas femias.
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese pola rexión Paleártica, dende a Península Ibérica até Kamchatka e o Xapón, localizándose entre as latitudes, 35º N e 70º N.
En España
[editar | editar a fonte]A especie considérase sedentaria, con dous grandes núcleos de poboación, o primeiro abranguindo unha franxa ao norte, dende Asturias e León até a zona noroccidental de Aragón e o segundo ocupando toda a área suroccidental de Castela e León, norte de Estremadura, Comunidade de Madrid e Guadalaxara. No resto peninsular a súa aparición é puntual e dispersa, con poboacións moi fragmentadas, estando ausente de grandes zonas do centro e leste peninsular, así como das Canarias e Baleares. Porén algúns estudos sinalan que existen zonas onde non se ten realizado un seguimento exhaustivo da especie[4]. Así recentemente se teñen identificado poboacións estábeis na provincia de Provincia de Córdoba, especialmente nas ribeiras do río Guadalquivir, nas proximidades de Serra Morena e en devesas do Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro[4]. Tamén se teñen detectado poboacións permanente nos cursos fluviais de Cataluña, coma nos ríos Muga, Fluvià, Ter, Tordera e Besós así coma no Delta do Llobregat[3].
Habitualmente os individuos ibéricos son sedentarios, realizando unicamente desplazamentos dispersivos ou de altitude no outono e no inverno[4].
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia a especie é rara, especialmente no inverno. No ano 2006 confirmouse a reprodución desta especie en Galicia[5]. Os individuos galegos restrínxense habitualmente ó cuadrante sueste da provincia de Ourense.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Habita preferentemente en bosques de folla caduca, coma carballeiras, soutos, bosques de lamigueiros, e bosques mixtos e arboredos non moi espesos con preferencia en ecosistemas fluviais, aparecendo tamén en áreas abertas con árbores vellas. Ó contrario doutros pícidos semella evitar os bosques de coníferas, onde só se atopan individuos divagantes[4].
Na península ocupa os mesmos hábitat na zona norte e no núcleo castelán-estremeño tamén bosques, pero con preferencia as devesas, carballeiras, e soutos de ribeira.
Aniña en árbores vellas, mesmo en xardíns grandes, localizándose dende o nivel do mar até os 1.400 msnm, aínda que tamén poden criar en túneles escavados en noiros dos ríos.
Ameazas
[editar | editar a fonte]A perda e fragmentación de hábitat, sobre todo por tallas de bosques con arboredo maduro, a desaparición dos bosques de ribeira, a reforestación con arboredo de crecemento rápido e os incendios forestais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International 2009.Dendrocopos minor. Arquivado 08 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Versión 2010.2. <www.iucnredlist.org>. Visto el 09 August 2010.
- ↑ Dendrotocos minor No libro vermello das aves reprodutoras de España. Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño.
- ↑ 3,0 3,1 Bástida R. (Setembro 2016). "El pico menor, nueva especie para el Delta del Llobregat". Quercus (367).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Moral M. e Díaz F. J. (Setembro 2016). "El pico menor en la provincia de Córdoba". Quercus (367).
- ↑ Varios (2012). Sociedade Galega de Ornitoloxía, ed. XIII Anuario das Aves de Galicia 2006. p. 139.
- Blanco, J. C. e J. L. González (eds.) (1992). Libro Rojo de los Vertebrados de España. ICONA. ISBN 978-84-8014-711-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peto pequeno |