Río Tordera
Río Tordera | |
---|---|
Desembocadura do río Tordera | |
País | España |
Nacemento | Montseny |
Altitude | de 1100 m a 1500 msnm. |
Lonxitude | 55 km |
Conca | 894 km² |
Caudal medio | 5,01 m³/s |
Desembocadura | Mar Mediterráneo |
A Tordera é un río de Cataluña, España, que desemboca no mar Mediterráneo logo de 55 km de percorrido.
Curso
[editar | editar a fonte]O Tordera nace na Font Bona, no Coll de Sant Marçal, no Parque Natural do Montseny. Logo de atravesar as comarcas do Vallès Oriental e La Selva, entra na do Maresme, para desembocar no mar Mediterráneo, formando o delta do Tordera, que ocupa unha área de 8 km², entre as localidades de Blanes e Malgrat de Mar.
Conca
[editar | editar a fonte]A conca do Tordera, cos seus afluentes, esténdese por unha superficie total de 894 km². As correntes subterráneas son bastante máis importantes que as superficiais (no verán non leva auga na parte baixa superficial), e dela extraen auga moitas poboacións próximas á súa beira.
Afluentes
[editar | editar a fonte]De curto percorrido, cómpre destacar de entre eles:
Réxime hidrográfico
[editar | editar a fonte]Posúe un réxime torrencial, típico de países mediterráneos.
Historia
[editar | editar a fonte]Indubidabelmente o río era xa coñecido na época romana como o testemuñan algúns historiadores, tales Plinio o Vello, Estrabón e Claudio Tolomeo, aínda que o nome que lle apoñen non coincide; o máis coñecido puido ser o de río Tarno (Flumen Tarnum). Durante a época medieval se denomina Tordaria ou Torderia.
Espazos protexidos
[editar | editar a fonte]Dentro da conca aparecen os seguintes espazos protexidos:
- Parque Natural do Montseny
- Parque Natural do Montnegre e o Corredor
- Zones PEIN en Tordera: Beira esquerda do río Tordera, La Júlia, lago de Can Torrent, lago de Cal Raba, a carballeira de Can Verdalet e os prados de En Gai.