Peto pequeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peto pequeno
macho
macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Piciformes
Familia: Picidae
Subfamilia: Picinae
Xénero: Dendrocopos
Especie: D. minor
Nome binomial
'Dendrocopos minor'
(Linnaeus, 1758)
Distribución global de Dendrocopos minor.

Distribución global de Dendrocopos minor.
Distribución do peto pequeno en Galicia.

Distribución do peto pequeno en Galicia.
Dendrocopos minor

O peto pequeno,[2] (Dendrocopos minor), é o máis pequeno dos petos europeos. Pertence á familia dos pícidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cunha lonxitude de 14 a 15 cm, trátase do máis pequeno dos paxaros carpinteiros europeos. Sendo do mesmo tamaño cun pardal común[3]. O dorso riscado de branco e negro; gorxa e peito brancos coas partes inferiores claras, riscadas en negro; ás negras pintadas en branco; crista vermella no macho, negra nas femias.

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese pola rexión Paleártica, dende a Península Ibérica até Kamchatka e Xapón, localizándose entre as latitudes, 35º N e 70º N.

En España[editar | editar a fonte]

A especie considérase sedentaria, con dous grandes núcleos de poboación, o primeiro abranguindo unha franxa ao norte, dende Asturias e León até a zona noroccidental de Aragón e o segundo ocupando toda a área suroccidental de Castela e León, norte de Extremadura, Comunidade de Madrid e Guadalaxara. No resto peninsular a súa aparición é puntual e dispersa, con poboacións moi fragmentadas, estando ausente de grandes zonas do centro e leste peninsular, así como de Canarias e Baleares. Porén algúns estudios sinalan que existen zonas onde non se teñen realizado un seguemento exhaustivo da especie[4]. Así recentemente se teñen identificado poboacións estábeis na provincia de Provincia de Córdoba, especialmente nas ribeiras do río Guadalquivir, nas proximidades de Serra Morena e en devesas do Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro[4]. Tamén se teñen detectado poboacións permanente nos cursos fluviais de Cataluña, coma nos ríos Muga, Fluvià, Ter, Tordera e Besós así coma no Delta do Llobregat[3].

Habitualmente os individuos ibéricos son sedentarios, realizando unicamente desplazamentos dispersivos ou de altitude no outono e no inverno[4].

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia a especie é rara, especialmente no inverno. No ano 2006 confirmouse a reprodución desta especie no noso país[5]. Os individuos galegos restrínxense habitualmente ó cuadrante sueste da provincia de Ourense.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Habita preferentemente en bosques de folla caduca, coma carballeiras, soutos, bosques de lamigueiros, e bosques mixtos e arboredos non moi espesos con preferencia en ecosistemas fluviais, aparecendo tamén en áreas abertas con árbores vellas. Ó contrario doutros pícidos semella evitar os bosques de coníferas, onde só se atopan individuos divagantes[4].

Na península ocupa os mesmos hábitat na zona norte e no núcleo castelán-estremeño tamén bosques, pero con preferencia as devesas, carballeiras, e soutos de ribeira.

Aniña en árbores vellas, mesmo en xardíns grandes, localizándose dende o nivel do mar até os 1.400 msnm, aínda que tamén poden criar en túneles escavados en noiros dos ríos.

Ameazas[editar | editar a fonte]

A perda e fragmentación de hábitat, sobre todo por tallas de bosques con arboredo maduro, a desaparición dos bosques de ribeira, a reforestación con arboredo de crecemento rápido e os incendios forestais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International 2009.Dendrocopos minor. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Versión 2010.2. <www.iucnredlist.org>. Visto el 09 August 2010.
  2. Dendrotocos minor No libro vermello das aves reprodutoras de España. Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño.
  3. 3,0 3,1 Bástida R. (Setembro 2016). "El pico menor, nueva especie para el Delta del Llobregat". Quercus (367). 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Moral M. e Díaz F. J. (Setembro 2016). "El pico menor en la provincia de Córdoba". Quercus (367). 
  5. Varios (2012). Sociedade Galega de Ornitoloxía, ed. XIII Anuario das Aves de Galicia 2006. p. 139. 
  • Blanco, J. C. e J. L. González (eds.) (1992). Libro Rojo de los Vertebrados de España. ICONA. ISBN 978-84-8014-711-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]