Saltar ao contido

David Tennant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Tennant

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David John McDonald Editar o valor en Wikidata
18 de abril de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Bathgate, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDavid Tennant Editar o valor en Wikidata
ResidenciaChiswick Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Real de Escocia
Paisley Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, actor de cinema, actor de teatro, actor de xénero, creador de podcast Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGeorgia Moffett (2011–) Editar o valor en Wikidata
ParellaSophia Myles (2005–2007) Editar o valor en Wikidata
FillosTy Tennant
 () Georgia Moffett
Olive Tennant
 () Georgia Moffett Editar o valor en Wikidata
PaisSandy McDonald Editar o valor en Wikidata  e Essdale Helen McDonald Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webdavid-tennant.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0855039 Allocine: 29326 Rottentomatoes: celebrity/david_tennant Allmovie: p264435 TCM: 1476210 TV.com: people/david-tennant
Facebook: davidtennantcom Twitter: davidtennantcom Instagram: davidtennantcom Youtube: UCs2TPM4ynetIUN2mMmKqY7w BNE: XX4857471 Last fm: David+Tennant Musicbrainz: b0c84288-828e-4103-8af6-8b01c28373d5 Discogs: 4143071 Allmusic: mn0003157162 WikiTree: McDonald-5567 Deezer: 8808452 Genius: David-tennant Editar o valor en Wikidata

David John McDonald, coñecido como David Tennant, nado en Bathgate o 18 de abril de 1971, é un actor de cine e teatro escocés. A súa traxectoria teatral é ampla, destacando a súa interpretación de Hamlet. O seu papel máis famoso na televisión foi posiblemente a décima encarnación do Doutor Who.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira aos 16 anos inscribíndose na Royal Scottish Academy of Music and Drama e participando nun filme contra o tabaquismo producido polo Glasgow Health Council e emitido en televisión e nas escolas. Como o nome de "David McDonald" xa fora tomado por outro actor, comezou a actuar co pseudónimo de David Tennant, en referencia a Neil Tennant, vocalista dos Pet Shop Boys.

Cine, TV e teatro

[editar | editar a fonte]

Sendo xa un coñecido actor de teatro, acadou fama no Reino Unido cos seus papeis protagonistas nas series de televisión Casanova (2005), Doutor Who (2005-2010 e 2013) e Broadchurch (2013-presente).[2] Comezou a actuar en curtametraxes e longametraxes a partir de 1993, e o seu primeiro papel protagonista foi na comedia románmtica de 1998 dirixida por Mika Kaurismäki, L. A. without a Map. Algúns dos seus papeis máis destacados son Harry Potter e o cáliz de fogoe (2005), The Decoy Bride ( 2011) e What We Did on our Holiday (2014, pode verse en Prime dobrado ao galego como O noso último verán en Escocia). Tamén aportou a súa voz a varias películas de animación, gañando os premios Daytime Emmy en 2012 por Star Wars: The Clone Wars.

Tennant en Stratford-upon-Avon.

En setembro de 2012, David Tennant foi nomeado membro do consello de administración da Royal Shakespeare Company e interpretou varios papeis en obras de Shakespeare no Royal Shakespeare Theatre de Stratford-upon-Avon e no Barbican Theatre de Londres.[3]

Tamén aparece en Bos presaxios (título orixinal, Good Omens), como o demo Crowley, unha serie de comedia fantástica británica creada por Neil Gaiman, baseada na súa novela homónima de 1990 súa e de Terry Pratchett.

David McDonald é o derradeiro fillo de Essdale Helen e Alexander McDonald, ministro da Igrexa de Escocia. Ten dous irmáns máis vellos, Blair e Karen.[1]

En 2011, xornais británicos informaron do seu compromiso coa actriz Georgia Moffett, con quen casou eses ano,[4] a quen coñeceu no set de Doctor Who (no episodio The Doctor's Daughter) e cuxo pai, Peter Davison, é un antigo intérprete do papel principal da serie.[5] [6] A parella ten 4 fillos, Tyler McDonald,[7] nado en 2002 e adoptado oficialmente por David en 2011, Olive McDonald, nada en 2011, Wildfred McDonald, nada en 2013 [8] e Doris McDonald, nada no verán de 2015.

Política

[editar | editar a fonte]

En 2010, declarou o seu apoio ao primeiro ministro británico Gordon Brown,[9] e puxo a súa voz nun anuncio electoral do Partido Laborista.[10] En 2012, presentou ao líder laborista Ed Miliband na Conferencia do Partido.[11]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "BBC Radio 4 - Desert Island Discs, David Tennant". BBC (en inglés). Consultado o 2024-07-14. 
  2. AlloCine (2013-10-03). ""Broadchurch" : David Tennant sera aussi dans le remake américain !". AlloCiné (en francés). Consultado o 2024-07-14. 
  3. "Cats, kinky sex and the titan who defined them". The Telegraph (en inglés). 2012-01-16. Consultado o 2024-07-14. 
  4. Butler, Adrian (2012-01-01). "Dr Who's David Tennant marries on-screen daughter". The Mirror (en inglés). Consultado o 2024-07-14. 
  5. "David Tennant: from Doctor Who to Hamlet". The Telegraph (en inglés). 2008-11-22. Consultado o 2024-07-14. 
  6. Quigley, Rachel (2011-01-04). "Keep it in the Time Lord family: David Tennant to marry Georgia Moffett... daughter of ex-Doctor Who Peter Davison". Mail Online. Consultado o 2024-07-14. 
  7. (en inglés) « David Tennant Reveals He Is Now a Double-dad », Absolute Radio
  8. (en inglés)Andy Newport, « Baby Joy for Star David », Paisley Daily Express, 18 de gener de 2011.
  9. "TV's Tennant 'backs Brown as PM'" (en inglés). 2010-01-09. Consultado o 2024-07-14. 
  10. "General Election 2010: David Tennant and Sean Pertwee star in Labour advert". The Telegraph (en inglés). 2010-04-12. Consultado o 2024-07-14. 
  11. David Tennant Introduces Ed Miliband's Speech At Labour Conference.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]