Bos presaxios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bos presaxios
FormatoComedia e fantasía
Creado porNeil Gaiman
Desenvolvido por
Dirixido porDouglas Mackinnon
Intérpretes
Tema de aperturaDavid Arnold
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios12
Produción
Duración45–58 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe
Primeiro episodio31 de maio de 2019
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.primevideo.com/detail/Good-Omens/0N4OPSBX6TV4Y1WU0O8ELH2D4T
IMDB: tt1869454 Allocine: 20512 Rottentomatoes: tv/good_omens
Twitter: goodomensprime Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bos presaxios[1] (en inglés: Good Omens) é unha serie de televisión británica creada por Neil Gaiman e baseada na novela de 1990 de Terry Pratchett Good Omens. É unha coprodución entre Amazon MGM Studios e BBC Studios, e dirixiuna Douglas Mackinnon, con Gaiman como produtor. Michael Sheen e David Tennant lideran un elenco composto por Jon Hamm, Miranda Richardson, Michael McKean, Derek Jacobi, Brian Cox, Benedict Cumberbatch e Frances McDormand como a voz de Deus, que narra a serie.

Do mesmo xeito que a novela, Bos presaxios presenta varios temas e figuras do cristianismo e segue a varios personaxes que intentan alentar ou evitar un Armagedón inminente, visto a través dos ollos do anxo Aziraphale e o demo Crowley.

Tódolos episodios da primeira tempada foron estreados en Amazon Prime Video o 31 de maio de 2019, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "Bos presaxios". Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]