David Delfín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Diego David Domínguez González 2 de novembro de 1970 Ronda, Málaga, España |
Morte | 3 de xuño de 2017 (46 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de cerebro ) |
Datos persoais | |
Outros nomes | David Delfín |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Deseñador de moda |
Período de actividade | 2001 - |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parella | Pelayo Díaz Zapico (en) (2011–2014) |
Premios | |
Páxina web | davidelfin.com |
Lista
|
Diego David Domínguez González, máis coñecido como David Delfín, nado en Ronda, Málaga o 2 de novembro de 1970, e finado en Madrid o 3 de xuño de 2017, foi un deseñador e artista español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou desfilando no Circuit de Barcelona coa colección Openin Nite (primavera / verán 2001). Creou a marca Davidelfin en 2001 xunto aos 3 irmáns Postigo, Deborah Postigo, Diego Postigo e Gorka Postigo, e a modelo Bimba Bosé.
O seu salto á fama chegou no 2002, cando desfilou coa colección Cour des miracles na Pasarela Cibeles de Madrid.[1] Devandita colección, inspirada no pintor Magritte e no director de cine Luis Buñuel, presentaba as modelos coa cara tapada con capuchas a modo de burkas e sogas de forca no pescozo, o que desatou unha enorme polémica pola coincidencia coa guerra en Afganistán contra o réxime dos talibán.[2]
Porén, toda esta polémica non impediu que fose galardoado na Pasarela Cibeles de 2003 co premio á mellor colección dun novo deseñador por In loving memory. Dende entón, continuou desfilando regularmente en Cibeles con outras coleccións como Mi manchi ou Corpo estraño, nos que a modelo Bimba Bosé se converteu na súa musa.[3]
No ano 2016 foi galardoado co Premio Nacional de Deseño de Moda por parte do Ministerio de Cultura "pola audacia, valentía e compromiso social da súa obra, cunha sinalada identidade española".
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Viviu até os 18 anos en Marbella, Málaga.
En abril de 2016 foi intervido de tres tumores cerebrais. Faleceu o 3 de xuño de 2017 en Madrid ós 46 anos logo dunha intensa loita contra un cancro cerebral que lle detectaron o ano anterior.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CUESTIONARIO EXPRESS: DAVID DELFÍN Arquivado 27 de marzo de 2010 en Wayback Machine. Marie Claire
- ↑ Cómo opinar sobre David Delfín El País
- ↑ David Delfin abre la primera jornada de Cibeles Arquivado 05 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. Terra.es
- ↑ "David Delfín ha muerto a los 46 años". Vogue. Consultado o 3 de xuño de 2017.