Bimba Bosé
(2010) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Eleonora Salvatore González 1 de outubro de 1975 Roma |
| Morte | 23 de xaneiro de 2017 Madrid |
| Causa da morte | cancro de mama |
| Altura | 178 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | modelo, modelo, cantante, actriz de cinema |
| Período de actividade | 1994 |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Fillos | Dora Postigo |
| Nai | Lucía Dominguín |
| Parentes | Miguel Bosé, tío Luis Miguel Dominguín, avó Lucia Bosè, avoa Nicolás Coronado, curmán entregue |
Eleonora Salvatore González-Lucas, nada en Roma (Italia) o 1 de outubro de 1975 e finada en Madrid o 23 de xaneiro de 2017,[1] foi unha modelo, deseñora e cantante española[2][3] máis coñecida como Bimba Bosé. O seu nome artístico significa nena en italiano.
Biografía
[editar | editar a fonte]Filla de Lucía González Bosé e o seu primeiro marido, Alessandro Salvatore, neta materna do toureiro Luis Miguel González Lucas "Dominguín" e da actriz Lucia Bosè.
Tiña seis irmáns: polo lado paterno, a Olfo Bosé, Alessandro, Francesca e Alfonso Salvatore; polo lado materno, a Jara e Lucía Tristancho. Era sobriña do cantante Miguel Bosé.
Estivo casada, dende o 3 de xuño de 2006 até comezos do ano 2013, co realizador e músico Diego Postigo con quen tivo dúas fillas: Dora e June Postigo Salvatore.
No 2014, Bimba Bosé foi operada dun cancro no peito esquerdo.[4] En xuño de 2016 confirmou á revista Lecturas que tiña "metástase en ósos, fígado e cerebro" e que seguía en tratamento.[5] Faleceu o 23 de xaneiro de 2017 no Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muere Bimba Bosé a los 41 años
- ↑ Biografía Bios star
- ↑ El éxito persigue a Bimba Bosé Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is El Universal, México
- ↑ "El Correo". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Bimba Bosé: "Sigo en tratamiento porque nunca me he curado del cáncer"". Consultado o 29 de xuño de 2016.
- ↑ "Bimba Bosé muere a los 41 años". EL PAÍS (en castelán). 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.