Trainspotting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trainspotting
Ficha técnica
Título orixinal Trainspotting
Director Danny Boyle
Produtor Andrew Macdonald
Guión John Hodge
Baseado en Trainspotting de Irvine Welsh
Intérpretes Ewan McGregor
Ewen Bremner
Jonny Lee Miller
Kevin McKidd
Robert Carlyle
Kelly Macdonald
Fotografía Brian Tufano
Montaxe Masahiro Hirakubo
Estudio Channel Four Films
Distribuidora PolyGram Filmed Entertainment
(Reino Unido)
Miramax Films
(Estados Unidos)
Estrea 23 de febreiro de 1996
Duración 93 minutos[1]
Orixe Escocia Escocia
Xénero Drama
Orzamento ₤1 550 000[2]
Recadación $72 000 000[3]
Filme seguinte T2 Trainspotting

Trainspotting é un filme escocés de comedia negra dirixido por Danny Boyle que foi estreado no Reino Unido o 23 de febreiro de 1996.[4] Está baseado na novela homónima de Irvine Welsh. Está protagonizado por Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle e Kelly Macdonald, no seu debut como actriz.

O guión, escrito por John Hodge conta a historia dun grupo de adictos á heroína nunha área economicamente deprimida de Edimburgo e o seu paso pola vida. Alén da adicción ás drogas, o filme tamén explora a pobreza urbana e a desgraza da "culturalmente rica" Edimburgo.[5]

O filme foi clasificado no posto número 10 polo British Film Institute (BFI) na súa lista dos 100 mellores filmes británicos do século XX. No 2004, o filme foi escollido como o mellor filme escocés de tódolos tempos segundo unha enquisa xeneralizada ó público.[6] Unha secuela, T2 Trainspotting, foi estreada en xaneiro de 2017.

Argumento[editar | editar a fonte]

Mark Renton, un mozo escocés, e os seus amigos son adictos á heroína, o que significa que viven fóra da realidade, nun mundo aparte. Dentro do grupo hai un psicópata alcohólico e violento, un rapaz desesperado, un mullereiro cun coñecemento enciclopédico sobre Sean Connery e un entusiasta do deporte.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1996: Nomeado ó Oscar: mellor guión adaptado.
  • 1995: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. Nomeado a mellor filme británico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PolyGram Filmed Entertainment, ed. (15 de decembro de 1995). "TRAINSPOTTING (18)". British Board of Film Classification. Consultado o 19 de decembro de 2015. 
  2. Alexander Walker, Icons in the Fire: The Rise and Fall of Practically Everyone in the British Film Industry 1984-2000, Orion Books, 2005 p237
  3. Murray, Jonathan. "Trainspotting" (PDF). Dundee Contemporary Arts. Edinburgh College of Art. Consultado o 6 de setembro de 2015. 
  4. Morace, Robert (1 de setembro de 2001). Irvine Welsh's Trainspotting: A Reader's Guide. Bloomsbury Academic. ISBN 9780826452375. 
  5. "Genres in transition". British National Cinema, por Sarah Street, Publicado por Routledge, 1997. ISBN 0-415-06735-9. p. 111.
  6. "Trainspotting wins best film poll". News.BBC.co.uk. 24 de febreiro de 2004. Consultado o 6 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]