Daniel Aquino Pintos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dani Aquino
Daniaquino.jpg
Información persoal
Nome completo Daniel Aquino Pintos
Nacemento 27 de xullo de 1990 (29 anos)
Lugar Murcia, España
Altura 1,74 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Racing Santander
Carreira xuvenil
1998–2006 Murcia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Murcia B 24 (10)
2007–2011 Murcia 77 (8)
2011–2012 Valladolid 1 (0)
2012–2013 Oviedo 12 (1)
2013 Atlético Madrid C 17 (13)
2013–2015 Atlético Madrid B 57 (23)
2013 Atlético Madrid 1 (0)
2015–2016 Numancia 28 (1)
2016– Racing Santander 38 (26)
Selección nacional
2007 España sub-17 12 (4)
2007–2009 España sub-19 18 (5)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 4 de xuño de 2017.
† Aparicións (Goles)

Daniel Aquino Pintos, nado en Murcia o 27 de xullo de 1990 é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Racing de Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aquino pertenceu ás categorías inferiores do Real Murcia durante 8 anos, iniciándose no fútbol profesional á idade de 16, debutando en Segunda División na tempada 2006–07, nun partido que enfrontou ao Murcia co CD Tenerife (1–4), logrando anotar un gol nos últimos 20 minutos. No verán de 2007 interesáronse por el equipos como FC Barcelona, Atlético de Madrid, Real Madrid, Liverpool FC, Manchester United, Arsenal FC, Ciudad de Murcia e Chelsea FC, mais finalmente acabou permanecendo no conxunto grana.

Na tempada 2007–08 Lucas Alcaraz, que nese momento era adestrador do Murcia, non contou con el para o primeiro equipo até o 20 de xaneiro de 2008, que o fixo debutar en Primeira División nun partido que enfrontou ao Real Zaragoza co Murcia (3–1). Coa chegada ao equipo de Javier Clemente, fíxose un oco no once pimentonero converténdose nun xogador indiscutible. O 4 de maio de 2008 anota o seu primeiro gol en Primeira División en Santander, nun partido no que o Murcia certificou o seu descenso a Segunda División, tras a derrota fronte ao Racing de Santander (3–2) despois de ir gañando por unha cómoda vantaxe (0–2).

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Aquino pasou por tódalas categorías inferiores da selección española. En 2007 gañou coa Selección sub-16 a Eurocopa sub-16 e coa Selección sub-17, ese mesmo ano, quedou subcampión do Mundial de fútbol sub-17 compartindo vestiario con xogadores do talle de Bojan Krkić, Ignacio Camacho, Juan Mata, Fran Mérida ou Pichu Atienza, entre outros.

Persoal[editar | editar a fonte]

É fillo do ex-futbolista arxentino Daniel Toribio Aquino, tamén coñecido como o touro Aquino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]