Susan Fletcher é unha criptógrafa estrela da NSA, unha axencia de intelixenciaestadounidense especializada na interceptación de información. Susan e chamada polo xefe do departamento de criptografía para que lle axude cunha emerxencia; un ex-membro da NSA, Ensei Tankado desenvolveu un algoritmo que nin o maior ordenador do mundo especializado na desencriptación o deu conseguido, o ordenador é o TRANSLTR en poder da NSA obviamente. Ensei Tankado colgou o programa criptográfico na súa web, pero estaba autocifrado e tiña a intención de vender o contrasinal que o descifraba a empresa que lle pagara máis por el. A única forma de que non publique o contrasinal é que a NSA recoñeza a existencia do TRANSLTR; se Tankado morrese asasinado pola NSA un compañeiro sería o encargado de revelarlle a todo o mundo o contrasinal. A NSA esta en crise, xa que se o programa se distribúe non poderán descifrar as mensaxes.
Ensei Tankado aparece morto en Sevilla, supostamente por un ataque o corazón, a NSA debe atopar o amigo de Tankado que ten o contrasinal, pero sen que este se entere de que morreu xa que podería dar a coñecer o contrasinal do programa e entón sería a ruína para a NSA.
Mentres Trevor Strathmore envía a David Becker a España para que leve todas as pertenzas de Ensei Tankado a NSA para atopar algunha pista.
Ó remate do libro aparece o seguinte código:
128 - 10 - 93 - 85 - 10 - 128 - 98 - 112 - 6 - 6 - 25 - 126 - 39 - 1 - 68 - 78
Para descifralo debemos anotar a primeira letra do capítulo correspondente a cada número. Unha vez feito sae a luz a mensaxe We are watching you, que significa Estamoste observando, referíndose ó lema da NSA que o controla todo.
Nota: O código só ten sentido na versión inglesa do libro.