Damaliscus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Damaliscos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Damaliscus
Damaliscos
Damaliscus pygargus
Damaliscus pygargus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Alcelaphinae
Tribo: Alcelaphini
Xénero: Damaliscus
Sclater & Thomas, 1894
Especie tipo
Antilope pygargus
Pallas, 1767
Especies
Véxase o texto

Damaliscus é un xénero de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.

Son antílopes de tamaño relatgivamente grande con cornos cunha curta espiral aberta en ambos os sexos.[1] que son coñecidos como damaliscos e viven en África austral, oriental e central.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1894 polos zoólogos Philip Sclater e Oldfield Thomas na obra Book of Antelopes, 1 (part 1): 3, 51.[2] A especie tipo do xénero é Antilope pygargus Pallas, 1767 (hoxe denominada Damaliscus pygargus), que foi integrada posterioemente no xénero Alcelaphus,[2] e na actualidade en Damaliscus.[3]

Especies e subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade, segundo Wilson & Reeder (2005) en Mammal Species of the World (MSW) admítense as seguintes especies e subespecies:[2]

Xénero Damaliscus Sclater & Thomas, 1894

  • Damaliscus korrigum (Ogilby, 1836) - topis
    • Damaliscus korrigum korrigum Ogilby, 1836 - topi do Senegal
    • Damaliscus korrigum jimela - topi
    • Damaliscus korrigum topi - topi da costa
  • Damaliscus lunatus Burchell, 1823 - sasabi
    • D. l. jimela (Matschie, 1892) - Admitida como D. korrigum jimela por MSW.[4]
    • D. l. korrigum (Ogilby, 1837) - Admitida como D. korrigum por MSW.[4]
    • D. l. lunatus (Burchell, 1824) - sasabi
    • D. l. superstes Cotterill, 2003 - Admitida como D. superstes por MSW.[5]
    • D. l. tiang (Heuglin, 1863) - tiang [6]
    • D. l. topi Blaine, 1914 - Admitida como D. korrigum topi por MSW.[4]
  • Damaliscus pygargus (Pallas, 1767) - damalisco de fronte branca
    • Damaliscus pygargus pygargus (Pallas, 1767) - (chamado bontebok en inglés)
    • Damaliscus pygargus phillipsi (Harper, 1939) - (chamado blesbok en inglés)
  • Damaliscus superstes Cotterill, 2003 [7] - (chamado en inglés Bangweulu tsessebe = "topi de Bangweulu")

Antigamente tamén se incluía Damaliscus lunatus hunteri, hoxe clasificada como especie independente, e noutro xénero, Beatragus hunteri, o antílope de Hunter ou damalisco de Hunter.

Porén, algúns autores, como Haltenorth, reúnen todas estas especies (e, ademias, o hirola, Beatragus hunteri) dentro dunha única especie, Damaliscus lunatus.[8] Outros recoñecen dúas especies, Damaliscus lunatus e D. pygargus.[9]

Distribución das subespecies de Damaliscus[editar | editar a fonte]

Nota:

Mapa de distruibución das subespecies de Damaliscus.

  • korrigum:
    Damaliscus lunatus korrigum = Damaliscus korrigum korrigum (de acordo con MSW)
  • tiang:
    Damaliscus lunatus tiang (non recoñecida por MSW)
  • topi:
    Damaliscus lunatus topi = Damaliscus korrigum topi (de acordo con MSW)
  • jimela:
    Damaliscus lunatus jimela = Damaliscus korrigum jimela (de acordo con MSW)
  • superstes:
    Damaliscus lunatus superstes = Damaliscus superstes (de acordo con MSW)
  • lunatus:
    Damaliscus lunatus lunatus = Damaliscus lunatus (de acordo con MSW)
  • phillipsi:
    Damaliscus pygargus phillipsi
  • pygagus (sic):
    Damaliscus pygargus pygargus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthews, L. Harrison (1977): La Vida de los Mamíferos. Tomo II. Barcelona: Ediciones Destino. ISBN 84-233-0700-X.
  2. 2,0 2,1 2,2 Wilson & Reeder (editors) (2005): Damaiscus en Mammals Species of the Worlod - A Taxonomic and Geographic Reference Third ed.
  3. Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini' in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  4. 4,0 4,1 4,2 Wilson, Don E. & Reeder, DeeAnn M., eds. (2005):Damailscus korrigum en Mammal Species of the World.
  5. Wilson, Don E. & Reeder, DeeAnn M., eds. (2005):Damaliscus superstes en Mammal Species of the World.
  6. Damaliscus lunatus ssp. tiang (Heuglin, 1863) en Encyclopedia of Life.
  7. Cotterill, F. P. D. (2003): "Insights into the taxonomy of tsessebe antelopes Damaliscus lunatus (Bovidae: Alcelaphini), in south-central Africa: With the description of a new evolutionary species". Durban Museum Novitates, 28: 45-55.
  8. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986), p. 81-82.
  9. Damaliscus no NCBI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini' in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopskins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]