Saltar ao contido

Dólar de prata do Monumento aos Axentes da Lei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar de prata do
Monumento aos Axentes da Lei
A/: Dous axentes ante o Monumento aos Axentes da Lei. Data e marca de gravador (AM).

Lendas: NATIONAL LAW ENFORCEMENT OFFICIERS MEMORIAL / IN GOD WE TRUST / LIBERTY

R/: Escudo e rosa. Marca de ceca (P).

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / TO SERVE AND PROTECT / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR

O dólar de prata do Monumento aos Axentes da Lei é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1997 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-329, do 20 de outubro de 1996,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda para honrar o servizo e o sacrificio dos axentes da lei e das súas familias,[2] con ocasión do sexto aniversario do monumento erixido en Washington na memoria dos máis de 14.000 homes e mulleres que perderon a súa en acto de servizo.[3]

No anverso da moeda, obra de Alfred Maletsky, reprodúcese unha fotografía de Larry Ruggier na que os axentes Kelcy Stefansson e Robert Chelsey, da Policía de Parques dos Estados Unidos, tocan coas súas mans o nome dun compañeiro caído. Completan o anverso os habituais lemas da moeda estadounidense LIBERTY ("Liberdade") e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), así como unha lenda relativa ao tema conmemorado: NATIONAL LAW ENFORCEMENT OFFICIERS MEMORIAL.[2][3]

Placa do Monumento aos Axentes da Lei, co emblema no centro, no que se basea o reverso da moeda conmemorativa.

Pola súa banda, o reverso, creado polo mesmo gravador, está caracterizado polo emblema do Monumento as Axentes da Lei, composto por un escudo atravesado por unha rosa, que representa os sacrificios realizados polos axentes dos corpos de seguridade. Baixo o escudo está a lenda TO SERVE AND PROTECT ("Para servir e protexer") e o lema E PLURIBUS UNUM. Na parte superior do reverso, o nome do país, e na inferior o valor facial.[2][3]

Produción e comercialización

[editar | editar a fonte]

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia, tanto na súa versión estándar como na versión con acabamento especial de fondo espello (proof),[3] e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 19 de setembro de 1997 ata o 15 de decembro de 1998.[2][3]

Dado que as vendas non responderon ás estimacións iniciais, a súa produción final foi unicamente de 28.575 moedas na súa condición estándar e 110.428 en versión proof, o que fai un total de 139.003 exemplares.[4]

A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof,[3] e 10 euros do beneficio da venda de cada moeda foron destinados ao National Law Enforcement Officers Memorial Fund, para o mantemento do monumento aos axentes caídos e para establecer un fondo para bolsas de estudos para as familias deses axentes. [2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]