Lemas dos Estados Unidos de América








Os cincuenta estados dos Estados Unidos teñen un lema estatal, ao igual que o Distrito de Columbia. O lemas doitan ser formais, de feito, vinte deles están directamente escritos en latín, e non adoitan variar ao longo do tempo. Nese sentido, non deben ser confundidos cos alcumes estatais, que os gobernos dos diferentes estados adoitan crear para tentar fomentar o turismo interno e externo (por exemplo, Sunshine state, "o estado soleado", para referirse a Florida).
Os Estados Unidos como un todo teñen dous lemas oficiais: dende 1789 o latino E pluribus unum ("De moitos, un") e dende 1956 tamén o inglés In God we trust ("En Deus confiamos"), aínda que este último foi historicamente impreso no reverso dos billetes de dólar, e sería así mesmo adoptado localmente polo recentemente mencionado estado de Florida.
Estado e lema
[editar | editar a fonte]| Estado | Lema | Tradución ao galego | Lingua | Data |
|---|---|---|---|---|
| Audemus jura nostra defendere | Ousamos defender os nosos dereitos | Latín | 1923 | |
| North to the future | Do norte ao futuro | Inglés | 1967 | |
| Ditat Deus | Deus enriquece | Latín | 1863 | |
| Regnat populus | O pobo manda | Latín | 1907 | |
| Eureka | Acheino | Grego | 1849 | |
| Nil sine numine | Nada sen providencia | Latín | 1861 | |
| Qui transtulit sustinet | El, que transplantou, sostén | Latín | 1662 | |
| Liberty and Independence | Liberdade e independencia | Inglés | 1847 | |
| Justitia Omnibus | Xustiza para todos | Latín | 1871 | |
| In God We Trust | En Deus confiamos | Inglés | 1868 | |
| Wisdom, justice, and moderation | Sabedoría, xustiza, e moderación | Inglés | 1798 | |
| Ua mau ke ea o ka ʻāina i ka pono | A vida da terra é perpetuada pola xustiza | Hawaiano | 1843 | |
| Esto perpetua | Que sexa perpetuo | Latín | 1890 | |
| State sovereignty, national union | Soberanía estatal, unión nacional | Inglés | 1819 | |
| The Crossroads of America | A encrucillada de América | Inglés | 1937 | |
| Our liberties we prize and our rights we will maintain | As nosas liberdades apreciamos e os nosos dereitos manteremos | Inglés | 1847 | |
| Ad astra per aspera | Ás estrelas a través das dificultades | Latín | 1861 | |
| Deo gratiam habeamus | Demos grazas a Deus | Latín | 2002 | |
| Union, justice, confidence | Unión, xustiza, confianza | Inglés | 1902 | |
| Dirigo | Dirixo | Latín | 1820 | |
| Fatti maschii, parole femine | Feitos de home, verbas de muller | Italiano | 1874 | |
| Ense petit placidam sub libertate quietem | Pola espada procuramos paz, mais paz só baixo a liberdade | Latín | 1775 | |
| Si quaeris peninsulam amoenam circumspice | Se buscas unha península agradable, olla ao redor de ti | Latín | 1835 | |
| L'étoile du Nord | A estrela do norte | Francés | 1861 | |
| Virtute et armis | Virtude e armas | Latín | 1894 | |
| Salus populi suprema lex esto | Que o ben do pobo sexa a lei suprema | Latín | 1822 | |
| Oro y plata | Ouro e prata | Castelán | 1865 | |
| Equality before the law | Igualdade ante a lei | Inglés | 1867 | |
| All For Our Country | Todo polo noso país | Inglés | 1866 | |
| Live Free or Die | Vivir ceibe ou morrer | Inglés | 1945 | |
| Liberty and prosperity | Liberdade e prosperidade | Inglés | 1928 | |
| Crescit eundo | Medra a medida que avanza | Latín | 1887 | |
| Excelsior | Sempre cara a arriba | Latín | 1778 | |
| Esse quam videri | Ser, máis que semellar | Latín | 1893 | |
| Liberty and union, now and forever, one and inseparable | Liberdade e unión, agora e sempre, unha e inseparable | Inglés | 1889 | |
| With God, all things are possible | Con Deus, tódalas cousas son posibles | Inglés | 1959 | |
| Labor omnia vincit | O traballo todo o vence | Latín | 1893 | |
| Alis volat propriis | Voas coas súas propias ás | Latín | 1854 | |
| Virtue, Liberty, and Independence | virtude, liberdade, e independencia | Inglés | 1875 | |
| Hope | Esperanza | Inglés | 1644 | |
| Dum spiro spero | Mentres respiro, teño esperanza | Latín | 1777 | |
| Under God the people rule | Baixo Deus a xente rexe | Inglés | 1885 | |
| Agriculture and commerce | Agricultura e comercio | Inglés | 1802 | |
| Friendship | Amizade | Inglés | 1930 | |
| Industry | Industria | Inglés | 1896 | |
| Freedom and Unity | Liberdade e unidade | Inglés | 1779 | |
| Sic semper tyrannis | Así sempre aos tiranos | Latín | 1776 | |
| Al-ki | No futuro | Chinook | Non oficial | |
| Montani semper liberi | Os montañeiros son sempre ceibes | Latín | 1863 | |
| Forward | Adiante | Inglés | 1851 | |
| Equal Rights | Iguais dereitos | Inglés | 1893 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mottoes of the 50 States (en castelán)
- State mottos Arquivado 13 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)