Década de 590
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VI | |||||
| |||||
|
590
- Artigo principal: 590.
Asia
- 6 de xaneiro — Hormizd IV é derrocado do trono de Persia.
- 15 de febreiro — Cosroes II é coroado como novo rei dos persas.
Europa
- 3 de setembro - Gregorio I é elixido novo papa (até 604).
- Axilulfo é elixido novo rei dos longobardos (até 615).
591
- Artigo principal: 591.
- Os bizantinos conquistan Armenia.
- Arechis I convértese en duque de Benevento.
592
- Artigo principal: 592.
- O emperador bizantino Mauricio emprende unha campaña contra os ávaros e os eslavos, recobrando en Panonia a cidade de Sigidunum (actual Belgrado, Serbia).
- Khildeberto II sucede a Gontrán no trono de Burgundia (até 595).
Ciencia e tecnoloxía
- 12 de marzo - Eclipse total de sol en Bulgaria e Grecia.
593
- Artigo principal: 593.
Asia
Europa
- Pybba sucede a Creoda como rei de Mercia, Gran Bretaña.
594
- Artigo principal: 594.
595
- Artigo principal: 595.
Asia
Europa
- Comezo do goberno de Teodeberto II, rei de Austrasia (até 612) e de Teodorico II en Burgundia (Borgoña). Como ambos , irmáns, son menores de idade, exerce a rexencia a súa nai Brunequilda.
- Os lombardos saquean Terracina, Italia.
596
- Artigo principal: 596.
- Batalla de Latofao (hoxe Laffaux, Francia): as tropas de Fredegunda de Neustria vencen sobre as de Brunequilda de Austrasia. Esta última responde pagando un ataque dos ávaros sobre Turinxia.
- Ciríaco convértese en Patriarca de Constantinopla.
597
- Artigo principal: 597.
- Xuño - Desembarco do monxe Agostiño en Gran Bretaña, enviado polo papa Greogorio o Grande para evanxelizar a illa. Agostiño converte a Ethelred, rei de Kent, axiña. Consagrado Agostiño bispo, a poucos, é nomeado bispo en Arles, regresando a Gran Bretaña, onde Ethelred asígnalle o lugar de Canterbury, que se converte nunha moi importante sede episcopal británica.
- Comezo do reinado de Ceolwulf, soberano de Wessex, Gran Bretaña (até 611).
Ciencia e tecnoloxía
- O emperador chines Wen, da dinastía Sui, introduce un novo calendario.
598
- Artigo principal: 598.
- Fundación do reino dos cázaros na Rusia meridional.
- Axilulfo, rei dos longobardos, asina un tratado de paz co emperador bizantino Mauricio e o papado, logo de 30 anos de guerras en Italia.
599
- Artigo principal: 599.
América
Europa
- O escritor e crego Venancio Fortunato (536-610) é nomeado bispo de Poitiers.
- A nobreza de Burgundia e de Austrasia érguese contra a raíña Brunequilda.