Arechis I de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arechis I de Benevento
Nacementoséculo VI
Falecemento641
Ocupaciónfeudatario
FillosAiulfo I de Benevento
editar datos en Wikidata ]

Arechis I (tamén Arigis, Aretchis, en italiano Arechi) foi o segundo duque de Benevento desde o 591 ata a súa morte en 641, un reinado de medio século.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era orixinario de Friúl e era parente dos seus duques, se cadra era sobriño de Zotto, o seu predecesor. Foi nomeado polo rei Axilulfo na primavera de 591, tras da morde de Zotto. Era practicamente independente debido a que o seu territorio estaba separado dos territorios longobardos da Italia setentrional por unha franxa de territorio bizantino.

Conquistou Capua e Venafro na Campania e zonas da Basilicata e Calabria. Estivo a piques de conquistar Nápoles tras un cerco (tamén Zotto fracasara neste intento), pero tomou Salerno a finais das década de 620. Pasou os derradeiros anos do seu reinado establecendo boas relacións cos católicos do seu territorio e facendo sucesor ao seu fillo. Á súa morte, tras sobrevivir a varios reis, a súa independencia estaba asegurada e o seu dominio pasou ao seu fillo Aiulfo.

Ducado de Benevento

Segue a:
Zotto de Benevento
Arechis I de Benevento
Precede a:
Aiulfo I de Benevento
-