Década de 520
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VI | |||||
| |||||
|
520
- Artigo principal: 520.
- O reino vándalo norteafricano de Trasamundo é posto en perigo por Cabaon, un xefe de cameleiros que desfai o exército vándalo.
521
- Artigo principal: 521.
Arte e cultura
- Boecio introduce a notación musical grega en Europa Occidental.
522
- Artigo principal: 522.
- Xapón : Chegada masiva de artesáns coreanos ás actuais rexións de Osaka e de Nara.
- Os ostrogodos toman a cidade de Aosta, Italia.
523
- Artigo principal: 523.
- Hilderico ascende ao trono dos vándalos (até 530).
- Gundemaro II ascende ao trono dos burgundios.
524
- Artigo principal: 524.
525
- Artigo principal: 525.
526
- Artigo principal: 526.
- 12 de xullo: Fiz III é elixido como novo pontífice romano.
- Amalasunta, filla de Teodorico o Grande, asume a rexencia do reino ostrogodo, pola morte do seu pai (até 535).
Arte e cultura
- Comeza a construzón da basílica de San Vidal de Rávena (526-546).
- Iníciase a edificación da tumba de Teodorico, tamén en Rávena.
527
- Artigo principal: 527.
Asia
- India: os persas sasánidas quebran o dominio dos heftalitas (hunos brancos) no noroeste da India (data aproximada).
Occidente
- Xustiniano I ascende ao trono bizantino.
- Os longobardos ocupan a Pannonia (data probábel).
- Hispania: II Concilio de Toledo.
Ciencia e tecnoloxía
- Arredor deste ano Dionisio o Exiguo calcula a data do nacemento de Xesús (incorrectamente); comezando entón a datarse desde o Anno domini, Ano de nacemento de Cristo, en lugar do ano Ab urbe condita, fundación de Roma, ou ben outras datas como se facía en Hispania, onde se contabilizaba pola Era hispánica.
- O sabio indio Âryabhata introduce o cálculo do seno en trigonometría.
528
- Artigo principal: 528.
- O emperador bizantino Xustiniano I comeza a codificación do Corpus Iuris Civilis, recompilación do dereito romano.
- O rei merovinxio Khildeberto I comeza a construción da Basílica de Saint Étienne, en París, no lugar onde logo se construíu a Catedral de Notre-Dame.
- O budismo convértese na relixión oficial de Corea.
529
- Artigo principal: 529.
- Bieito de Nursia funda a abadía de Montecasino, en Italia.
Arte e cultura
- 7 de abril: Xustiniano publica o Nouus Iustinianus Codex (Código Novo de Xustiniano) coa constitución Summa Rei Publicae.
- Xustiniano, emperador bizantino, ordena pechar as escolas de Filosofía de Atenas, por consideralas contrarias ao Cristianismo.