Hilderico
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 460 (Gregoriano) |
| Morte | 533 (Gregoriano) Cartago, Tunisia |
| Rei dos vándalos | |
| 523 – 530 ← Trasamundo – Xelimero → | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Monarca |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Fillos | Hilda |
| Pais | Hunerico |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hilderico, nado no 460 e finado en 533, foi rei dos vándalos entre 523 e 530.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Hunerico e Eudocia,[1] neto de Xenserico e Valentiniano III, primo e sucesor de Trasamundo. Herdou un reino en profunda decadencia que non se podía comparar militarmente co do seu avó Xenserico. No seu reinado déronse a ruptura de relacións cos ostrogodos debido ao asasinato da irmá de Teodorico o Grande, as derrotas fronte ás tribos bérberes que tomaron case todo o Reino Vándalo, as guerras contra a nobreza e os afrorromanos desexosos de quitarse de encima aos opresores vándalos. Recordando a súa herdanza romana, ao ser fillo da filla de Valentiniano III, romanizou o seu reino, pero isto foi un erro fronte aos vándalos conservadores e conduciu á súa execución. Favoreceu aos católicos, o que lle levou a oposición da nobreza. Foi destronado polo seu primo Xelimero e morto tres anos despois.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith (1867), p. 80
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hilderico |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, William, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.
| Reino dos vándalos | ||
|---|---|---|
Segue a: Trasamundo |
Hilderico | Precede a: Xelimero |