Basílica de San Vital de Rávena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Basílica de San Vital de Rávena
Basilica of San Vitale, Ravenna, Italy.jpg
Vista da Basílica
Datos xerais
PaísItalia Italia
Tipobasílica
AdvocaciónSan Vital
LocalizaciónRávena
Coordenadas44°25′14″N 12°11′46″L / 44.420555555556, 12.196111111111Coordenadas: 44°25′14″N 12°11′46″L / 44.420555555556, 12.196111111111
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseArquidiocese católica latina de Rávena
Arquitectura
Construción527 - 547
EstiloArquitectura paleocristiá
Arte bizantina
Basílica de San Apolinar o Novo en Italia
Basílica de San Apolinar o Novo
Basílica de San Apolinar o Novo
Basílica de San Apolinar o Novo (Italia)
editar datos en Wikidata ]

A basílica de San Vital de Rávena (en italiano: Basilica di San Vitale) é un dos templos máis importantes da arte bizantina que, coma outras da cidade de Rávena, foi reformada por desexo expreso do emperador Xustiniano I a partir de construcións anteriores a fin de acelerar a integración dos territorios conquistados ó imperio Bizantino.

A obra financiouse cos cartos do banqueiro Xuliano Arxentario (Iulianus Argentarius), de quen se sabe pouca cousa: era de orixe grega e tamén patrocinou a construción da basílica de San Apolinar in Classe.[1] Foi supervisada polo arcebispo da cidade, Maximiano de Rávena, quen a consagrou no ano 547. Todos estes personaxes aparecen na decoración de mosaicos que se fixo entre os anos 546 e 548, ano da morte da emperadriz Teodora. Estes mosaicos son un bo exemplo das artes figurativas bizantinas e dan unha idea de como puideron ser construídas estas obras durante a querella iconoclasta dos séculos VII e VIII e a caída de Bizancio en mans dos turcos otománs: en San Vital as obras preserváronse, en primeiro lugar, porque Rávena posiciounouse en contra dos iconoclastas e, en segundo lugar, porque a cidade xa non era bizantina durante a invasión turca. Por estas razóns, as imaxes salváronse de ámbalas dúas catástrofes artísticas.

No ano 1960, a igrexa de San Vital recibiu o título de basílica menor[2] polo papa Xoán XXIII. Está incluída, xunto con outros monumentos de Rávena, na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1996, dentro da serie "Monumentos paleocristiáns de Rávena[3]".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ravenna Festival (ed.). "Basilica di San Vitale" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2011. 
  2. "Gcatholic.org" (en inglés). Consultado o 10-11-2016. 
  3. "Sitio da UNESCO (Monumentos paleocristiáns de Rávena)" (en francés). Consultado o 11-11-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]