Cèlia Amorós Puente
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1944 (80 anos) Valencia, España |
Educación | Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | filósofa |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Xénero artístico | Ensaio |
Premios | |
Celia Amorós Puente, nada en Valencia o 18 de maio de 1944, é unha filósofa e ensaísta valenciana. Filósofa e teórica do feminismo, é unha das pensadoras máis destacadas na actualidade. Referencia clave do chamado feminismo da igualdade[1] centrou unha parte significativa da súa investigación na construción de relacións entre a Ilustración e o feminismo. É catedrática e membro do Departamento de Filosofía e Filosofía Moral e Política na UNED. Entre as súas principais investigacións figuran o proceso de Ilustración e as súas implicacións para o feminismo e as mulleres no islam, e os Dereitos Humanos e os dereitos das mulleres no contexto de multiculturalismo.[2] É a primeira muller que gañou o Premio Nacional de Ensaio (2006).[3] O seu libro Hacia una crítica de la razón patriarcal constitúe unha nova visión desde a perspectiva de xénero (estudos de xénero) da filosofía, revela os prexuízos do androcentrismo e exixe unha revisión crítica por parte das mulleres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Valencia en 1969 e recibiu o Premio Extraordinario de Grao en 1970. O título da súa memoria de licenciatura foi El concepto de razón dialéctica en Jean Paul Sartre. Tamén na Facultade de Filosofía da Universidade de Valencia, realizou a súa tese de doutoramento. O título da súa tese foi Ideología y pensamiento mítico: Alrededor de las ‘Mitologías’ de Claude Lévi Strauss. É especialista no pensamento ético-político de Jean-Paul Sartre e na historia do existencialismo. Neste campo destacan as súas obras Sören Kierkegaard o la subjectividad del caballero (1987) e Diáspora y apocalipsis: estudios sobre el nominalismo de Jean Paul Sartre (2001).
En 1970 militou en Germania Socialista, un grupo político valenciano fundado en 1970 por Josep Vicent Marquès como un grupo de traballo político para a revolución socialista.
Tamén militou no Frente de Liberación de la Mujer de Madrid (FLM) ata 1980. Este mesmo ano recibiu o Premio María Espinosa Ensaio ao mellor artigo publicado sobre temas de feminismo polo seu traballo, Feminismo y partidos políticos, en Zona abierta, Primavera de 1980.[4]
En 1987, creou o Seminario Permanente Feminismo e Ilustración impartido na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense de Madrid ata 1994. Foi a primeira directora do Instituto de Investigacións Feministas, desde 1.989 a 1993, o ano no que Amorós comeza unha estancia na Universidade Harvard.
Directora do curso de Historia da teoría feminista, do Instituto de Investigacións Feministas desde a súa creación no ano 1991 ata o ano 2005, que foi substituída pola filósofa Ana de Miguel. Os temas impartidos no curso no ano 2003 por Amorós foron: Feminismo e multiculturalismo, Feminismo e Ilustración, O feminismo freudomarxista de Shulamith Firestone e A ontoloxía do presente, de Donna Haraway.[5]
No ano 2006 pasa a ser a primeira muller premiada co Premio Nacional de Ensaio das Letras Españolas polo traballo La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias... para las luchas de las mujeres, coeditado por Ediciones Cátedra, o Instituto da Muller e a Universidade de Valencia. Dotado de 15.000 euros, o premio distingue un traballo de reflexión ou pensamento de autor ou autora españois escrito en calquera das linguas oficiais do Estado e publicado o ano anterior ao veredicto.
Catedrática e membro do Departamento de Filosofía e Filosofía Moral e Política na UNED na última década, destacan as súas investigacións e traballos sobre feminismo e multiculturalismo. Amorós considera que hai vetas da Ilustración, de diferentes culturas, especialmente na cultura islámica e procura o punto de encontro na construción da igualdade entre mulleres de diferentes orixes culturais.[6]
En marzo de 2011, recibiu a Medalla pola Promoción dos Valores de Igualdade concedida polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (2011)[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Hacia una crítica de la razón patriarcal, Barcelona, Anthropos, 1985, 1991;
- Sören Kierkegaard o la subjetividad del caballero, Barcelona, Anthropos, 1987
- Espacio de los iguales, espacio de las idénticas. Notas sobre poder y principio de individuación, en Arbor, núm. 503-504;
- El feminismo: senda no transitada de la Ilustración, en lsegoría. Revista de Filosofía Moral y Política, núm. 1, 1990, Instituto de Filosofía, CSIC, páx. 139;
- Patriarcalismo y razón ilustrada, en Razón y Fe, núms. 113-114, xullo-agosto 1991;
- Los escritos póstumos de Sartre (I) y (II), en Revista de Filosofía, 3~ época, vol. III e IV, Madrid, Universidade Complutense;
- El nuevo as-pecto de la polis, en La balsa de la Medusa, núms. 19-20, 1991;
- C. Amorós (dir.), Feminismo y Etica, número monográfico de Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política, núms. 6, 1992;
- Feminismo, Ilustración y misoginia romántica, en Birules e outros, Filosofía y género, Identidades femeninas, Pamplona, Pamiela, 1992;
- Feminismo: igualdad y diferencia, Colección Libros del PUEG, UNAM, México, 1994;
- Angeles Jiménez Perona, Celia Amorós, en Philosophinnen-Lexikon, ein-Fach-verlag, 1994
- 10 palabras clave sobre Mujer, Estella (Navarra), Verbo Divino, 1995;
- La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias... para la lucha de las mujeres Ed. Cátedra 2005
- Celia Amorós e Ana de Miguel (eds.) Teoría feminista. De la Ilustración a la globalización (3 vols.), Madrid, eds. Minerva. 2005
- Vetas de ilustración: Reflexiones sobre feminismo e islam Madrid, Editorial Cátedra 2009
- El feminismo como proyecto filosófico-político en Ciudad y ciudadanía, Madrid, Editorial Trotta. 2008
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio María Espinosa Ensaio o mellor artigo publicado sobre temas de Feminismo (1980): Feminismo y partidos políticos, publicado en Zona abierta, Primavera de 1980
- Premio Nacional de Ensaio en España (2006)
- Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade concedida polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rosa María Rodríguez Magda (1997). Tecnos, ed. "La teorización del género en España: Ilustración, diferencia y transmodernidad". El modelo Frankensntein, De la diferencia a la cultura post. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 25 de febreiro 2015.
- ↑ "Perfil oficial UNED". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ Ministerio de educación, cultura y deporte (ed.). "Celia Amorós". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Celia Amorós gana el Premio Nacional de Ensayo por su reflexión sobre el feminismo". 18 de outubro de 2006. Consultado o 25 de febreiro 2015.
- ↑ Instituto Complutense Universitario (ed.). "Historia Instituto de Investigaciones Feministas". Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ AmecoPress, ed. (29 de xuño de 2007). "Celia Amorós aboga por un canon feminista multicultural". Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ El País, ed. (5 de marzo de 2011). "Medalla de la Igualdad". Consultado o 25 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Filosofía y feminismo en Celia Amorós. Por Luisa Posada Kubissa. Labrys, Estudios Feministas (2006)
- Pensar con Celia Amorós. Fundamentos (2010) Un libro homenaxe editado polas filósofas Marian López Cao e Luisa Posada Kubissa, do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid, no que colaboran destacadas pensadoras feministas con Amelia Valcárcel, Alicia Puleo e Maria Luisa Femenías entre outras.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pienso, luego existo. RTVE Vídeo. Programa sobre Celia Amorós 2011.
- Teoría feminista. Conferencia de Celia Amorós Gravación da conferencia realizada con motivo do 20 aniversario do curso Historia de la Teoría Feminista na Universidade Complutense de Madrid que Celia Amorós dirixiu de 1997 a 1993.
- Celia Amorós relata su genealogía en el feminismo Vídeo 2011
- Concepturalizar la violencia de género. Celia Amorós Vídeo 2011
- Por una ilustración multicultural Celia Amorós. Quaderns de filosofia i ciència, 34, 2004, pp. 67–79.
- Mujeres en Red Selección de textos de Celia Amorós
- Entrevista a Celia Amorós e Amelia Valcárcel E-Mujeres
- El "espíritu Celia Amorós" por Ana de Miguel Vídeo 2011
- Celia Amorós, pionera del feminismo: "Mi pensamiento nace del cabreo" Arquivado 06 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Carne Cruda 2.0. Cadena Ser (12/03/13)