Cuspedriños, San Xurxo de Sacos, Cerdedo Cotobade
| Cuspedriños | |
|---|---|
Campo da feira | |
| Parroquia | San Xurxo de Sacos |
| Concello | Cerdedo Cotobade |
| Coordenadas | 42°29′43″N 8°31′00″O / 42.495277777778, -8.5166666666667 |
| Poboación | 88 hab. (2015) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Cuspedriños é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres), 14 menos ca en 2006.

Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Cuspedriños procede do latín Curros Petrineos (curros de pedra). O lugar mantén o curro, no que ten lugar a rapa das bestas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar está o campo da Feira onde se celebraba a Feira de Cuspedriños. Dita feira rememórase desde o ano 2007, celebrándose o último domingo de maio. Xunto a el está a capela da Virxe do Carme, e no seu adro está a carballeira de Cuspedriños e un peto de ánimas de 1806, feito por advocación de Ramón Savorido e da súa muller Vicenta Lois.
Neste lugar naceu o lingüista Servando Pérez Barreiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xurxo de Sacos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade | |
|---|---|
|
Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo |
Parroquias de Cerdedo Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.