Saltar ao contido

Cuscús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuscús
Gastronomía bérber Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Composto por
 Nome orixinal
seksu (kab) Editar o valor en Wikidata
Características
 Material / ingrediente
 Cultura
Localización
Patrimonio
Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade
Data2020
IdentificadorRL/01602
Códigos e identificadores
TasteAtlascouscous Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01z6s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 109005 BNE: XX554780
Wikidata C:Commons
Cuscús, con garavanzos e verduras.

O cuscús[1] (do árabe kuskūs, con adición do artigo al- no segundo caso), é un prato tradicional de Marrocos e Alxeria e outros países do norte de África (Tunisia, Mauritania, Libia e incluso de Sicilia), feito a base de sémola de trigo (na antigüidade estaba feito de pequenas faragullas de pan). O nome árabe كسكس kuskus, كوسكوس kūskūs, كسكوس kuskūs ou كسكوسو kuskūsū, tamén chamado nalgunhas zonas: al-ta'am الطعام, procede do tamazight seksū, denominación tamén usada en árabe. Significa "a comida", xa que se podería considerar como o prato principal en moitos dos pobos do norte de África, e nalgunhas familias cocíñano diariamente.

Características

[editar | editar a fonte]

A sémola de trigo cocíñase nunha cuscuseira especial que, como as olas vaporeiras, ten un coador por riba da cazola. Na parte de abaixo prepárase un estufado con verduras, da que o cuscús é gornición. Ao final, tras varias horas de vaporizado, remexendo e rectificando o necesario, conséguese unha pasta solta, vaporosa e desbordante de aroma.

Dependendo do país o cuscús prepárase dun ou doutro xeito. Mais normalmente faise para acompañar pratos de año, polo (típico de Marrocos) e verduras, todo acompañado da indispenáabel harissa, puré de pementos vermellos picantes secos (chiles).

En Italia cocíñase en Trapani (Sicilia) e faise para acompañar pratos de sopa de peixe. Nos Estados Unidos o cuscús é coñecido popularmente como unha variedade da pasta así elaborando deliciosos pratos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuscús.