Saltar ao contido

Carne de polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carne de polo
Imaxe
 Subclase de
 Uso
 Produto natural de
 Pegada hídrica
4325 m³/t Editar o valor en Wikidata
Características
 Produto natural de
 Aspecto de
Códigos e identificadores
Freebase/m/0f25w9 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2909545319 e C3018396171 Editar o valor en Wikidata
UNII0X8Q245Y7B Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sopa coreana de pito con ginseng.
Polo con patacas.

A carne de polo ou pito[1] é como se denomina ós tecidos musculares e órganos procedentes do polo. É moi frecuente atopalo en moitos pratos e preparacións da culinaria de todo o mundo. A súa carne considérase un alimento básico e é por esta razón pola que se inclúe no índice de prezos ao consumo.

Características do pito

[editar | editar a fonte]

Do polo consómense diferentes partes: as patas ou mans de pito, a crista, as ás (un dos pratos máis coñecidos son os buffalo wings estadounidenses), as pernas ou coxas de pito, a peituga e os miúdos (fígado, corazón ou moega). As partes das vísceras en moitos países son descartadas e non se inclúen na alimentación humana, aínda que, por exemplo, na cociña xaponesa emprégase ás veces no yakitori. Os ósos son aproveitados por regra xeral (no que se denomina carcasa, ou carapacho en Venezuela, do mesmo xeito que o pescozo) para a elaboración, xunto con diversas verduras de caldo de pito. Adóitase preparar á calor, a carne non se inxire crúa xa que pode posuír salmonela.

As ás e coxas son cortes moi apreciados. Pola súa banda, as patas son altamente ricas en coláxeno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]