Cruz de Ourolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Este crucifixo atopase en Ourolo, parroquia de Taragoña (A Coruña). Está situado no oco do muro dunha vivenda, a carón do Cruceiro das Neves. A cruz é de sección circular, leñosa e con nós, sobre pedestal moldurado. O Cristo crucificado ten as mans abertas, coroa de espiñas e o pano de pureza suxeito cunha corda, e leva pergameo de INRI.

No mesmo oco hai unha lousa con baixorelevo de San Francisco sacando co cordón do hábito as almas do purgatorio.