Cartomil, Taragoña, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartomil
ParroquiaTaragoña
ConcelloRianxo
Coordenadas42°40′37″N 8°49′44″O / 42.676838888889, -8.8290166666667Coordenadas: 42°40′37″N 8°49′44″O / 42.676838888889, -8.8290166666667
Poboación138 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Cartomil é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 138 habitantes (72 homes e 66 mulleres).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O cruceiro de Cartomil[1] ten plataforma cuadrangular de tres graos, pedestal cúbico rematado en roda con bocel, fuste de sección circular cadrada na base. Capitel cilíndrico co astrágalo circular, liso, ábaco de lados curvos e vértices agudos, e decoración de volutas e caras. Cruz de sección octogonal con remates florenzados. Cristo Crucificado coa cabeza inclinada cara a diante, as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI. A Virxe, en actitude de orar, cos dedos entrelazados, álzase sobre peaña de querubín.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cruceiro de Cartomil na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. PXOM de Rianxo 2014.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Taragoña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Taragoña no concello de Rianxo (A Coruña)

A Burata | O Burato | O Campo da Feira | Campos de Pazos | Cartomil | O Castriño | Chorente | Corques | A Coviña | O Cruceiro | A Cruz | Cuvide | Dorna | Fachán | Fonte Susán | A Igrexa | Iñobre | A Laxe | O Monte de Dorna | O Moroso | Ourille | Ourolo | Outeiro | Paradela | Pastoriza | As Pedriñas | A Senra |

Parroquias de Rianxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)